fbpx
EntrevistasGalicia

David Ledo, de Adega Valdés: “O que máis destaca do noso albariño é a súa frescura”

No mes de agosto celebrouse a XXXII Cata Concurso Rías Baixas Albariño de Cambados e por primeira vez a medalla de ouro foi para un viño elaborado en Vedra, na subzona Ribeira do Ulla. Tratábase do Albariño Gundián, da Adega Valdés, situada en Santa Cruz de Rivadulla e que conta co selo de Galicia Calidade. "O que máis destaca del é a súa frescura e a súa complexidade aromática", apunta David Ledo.

O enólogo desta bodega familiar contestou ás nosas 'Preguntas con Calidade', explicando que máis tipos de uvas empregan e como é o proceso de traballo. "Cada día o cliente está máis especializado, é máis exixente e tes que elaborar produtos para cumplir coas súas necesidades", afirma.