Crónica: Gran concerto de Ángel Stanich no Hotel Monumento San Francisco dentro dos #acustiquisimos de Alhambra

Por Alberto Seoane
Ángel Stanich en Compostela.

Ángel Stanich en Compostela.

O patio de cristal do San Francisco Hotel Monumento acolleou o concerto en acústico de Ángel Stanich dentro dos #acustiquisimos de Alhambra, un artista que con ta só dous álbumes no mercado (Camino ácido y Antigua y Barbuda), conseguiu abarrotar todo tipo de salas e festivais. E Santiago non podía ser menos.

Foi moi interesante escoitar a versión desenchufada dos temas de Stanich. Hai que ter en conta que a gran diferencia do derradeiro álbum con respecto ao anterior traballo é precisamente o afastemento da predominancia acústica.
No momento dos bises: ‘Carbura! aclamada e cantada polo público e ‘Metralleta Joe’  foron as encargadas desa traca final, rematando por todo o alto este concerto ‘desenchufado’ .

Stanich pode presumir dun dos directos máis demoledores e compactos da actualidade, ‘eléctrico’ ou ‘acústico’.

Se un concerto de  Stanich sempre é interesante, este, aínda o foi máis.