fbpx
Cos nosos ollosCulturaGastronomía

Contar con nós

Por Marta Seoane

A xente adoita crer que as persoas novas somos despreocupadas, que non nos interesa a cultura, e que non prestamos atención ás cousas que non nos afectan. Sen embargo, a mocidade tamén está atenta ao seu redor.

A oferta gastronómica actual de Compostela é bastante ampla, contamos con numerosos sitios, e bastante variados, onde tomar algo. Dentro dos nosos favoritos, atópanse clásicos coma o Airas Nunes ou o Metate; e algúns máis modernos coma A Carrilana, ideal para almorzar e merendar; La Flor, cun ambiente moi acolledor, e o Tertulia, moi ben situado.

Sobre sitios para xantar, non imos só ao Burger King e ao Mc Donalds. Os nosos lugares favoritos son o 13, A táboa de picar, e aberto fai pouco, La Chida.

En canto aos espectáculos culturais existentes, hai unha oferta moi interesante, coma por exemplo todos os eventos de Compostela Cultura. Pola contra, creo que existe un problema de descoñecemento por parte da maioría da xente nova. Un exemplo disto é a programación de teatro. Cando falo coas miñas amigas, estamos todas de acordo en que os espectáculos teatrais son un pasatempo entretido, pero afirman que en Compostela non hai obras interesantes. Sen embargo, non creo que o problema sexa a falta de opcións, senón o pouco coñecemento destas.

É preciso ter en conta á xente nova, tanto cando se anuncian os diferentes proxectos, coma cando damos a nosa opinión sobre estes. Isto é o que falta agora mesmo, contar con nós.

#cosnososollos