fbpx
CompostelaCulturaNovas

Compostela celebra o 185 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cun programa especial de actividades

O Día de Rosalía conmemorarase por primeira vez o próximo 23 de febrero, tras a aparición de nova documentación que desvela a data real do seu nacemento. No marco desta efeméride, o Concello de Santiago ofrecerá unha programación especial que darán comenzó o vindeiro sábado 19 de febreiro e que inclúe, ademáis dos actos institucionais, actividades culturais e roteiros.

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada da presidenta da Asociación Cultural O Galo, María Antonia Pérez Rodríguez, presentou hoxe en rolda de prensa os actos de programados pola polo Concello para homenaxear á poeta compostelá co gallo do aniversario do seu nacemento o 23 de febreiro de 1837.

Mercedes Rosón e María Antonia Pérez

Tanto Mercedes Rosón como María Antonia Pérez, destacaron o legado de Rosalía de Castro. “Hoxe” subliñou a concelleira de Acción Cultural, “185 despois do seu nacemento, as mensaxes dos seus poemas siguen vixentes. Os seus textos están máis vivos que nunca. Son e seguirán sendo parte da nosa historia, da historia de Compostela, e da historia da literatura universal. Por iso a Rosalía celebrámola con propostas que se estenden ao longo do ano” Porque, engadiu a presidenta da Asociación O Galo, a figura de Rosalía “é unha figura moi poliédrica”, e en pleno século XXI siguen vixentes na sociedade as súas mensaxes de “denuncia social, de defensa da muller e de defensa do galego”.

Actividades
O programa de hoxemaxe á Rosalía de Castro, arrancará o sábado 19 de febreiro, cun roteiro que percorrerá os espazos de Compostela máis significativos para a poeta. A andaina terá como punto de partida a estatua de Rosalía da Alameda ás 11:00 h e será conducida por Francisco Rodríguez, autor dunha tese sobre a poeta, que segundo explicou María Antonia Pérez, marcou un antes e un despois nos estudos sobre Rosalía. “A partir de aí empezouse a analizar a súa figura desde á óptica do século XX, non do século XIX, como ata entón”, sinalou.

O roteiro percorrerá as rúas de Compostela deténdose nas casas donde morou, e nos espazos nos que interactuou. Durante o percorrido leranse textos seus; e ao remate, terá lugar, no salón de actos do Museo do Pobo Galego, unha actuación do Trío Molime, na que interpretarán pezas con letra de poemas de Rosalía. É a segunda vez que se celebra este roteiro, asegurou Pérez Rodríguez. No do ano pasado esgotáronse as prazas. Para inscribirse, é necesario mandar un correo electrónico a comunicacion@ogalo.gal indicando o nome completo e o teléfono. seus.

O domingo 20 de febreiro, o Teatro Principal acolle ás 18:00 h, a obra “Libre como os paxaros” da compañía Teatro do Atlántico. A retirada das entradas, que serán de balde, poderá facerse a partir do 15 de febreiro en compostelacultural.gal, na Zona C (Praza de Cervantes, de martes a sábado, de 11:00 h a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h) ou na billeteira do Teatro Principal o mesmo día da función, de 17:00 a 18:00 h.

O groso do programa terá lugar o mércores 23 de febreiro, o día adicado á autora galega, con tres iniciativas en distintos puntos da cidade: pola mañá na praza do Toural agasallarase cun libro e unha rosa a todas as persoas que pasen polo lugar. E ás 10:00 h terá lugar unha vista ao Carballo do Banquete de Conxo. Ás 11:00 h celebrarase na praza de Vigo, preto do lugar onde naceu Rosalía de Castro, unha alborada e a tradicional ofrenda floral. Unha convocatoria da Fundación Rosalía de Castro á que seguirá un acto institucional na Capela do Hostal dos Reis Católicos ás 12.00 h., coa lectura de poemas rosalianos e a actuación musical de Xisco Feijoo.

A maiores destes actos, vaise publicar o roteiro que Victoriano García Martí, fixo sobre a Compostela de Rosalía, un traballo de Arantxa Fuentes, que se editará en galego e castelán e que, sinalou Mercedes Rosón “presentaremos o mesmo día 23”. Está previsto que se distribúa por bibliotecas, entre as distintas asociacións, centros socioculturais e na oficina de turismo.

Ademais, a todas estas actividades súmanse as que se van desenvolver no Ensanche, en colaboración con entidades veciñais, comerciais e hostaleiras da cidade. Presentaranse o venres, ás once da mañá, no Centro Sociocultural do Ensanche, nunha rolda de prensa na que estarán presentes a Asociación de Veciños Raigame, a Asociación Comercio. Punto.Compostela, EmRede, a Asociación Hostelería Compostela, a Asociación Hostalería.Punto.gal e a Fundación Rosalía de Castro.

Cartel do día de Rosalía

Cambio na data da conmemoración
O Día de Rosalía converteuse nos últimos anos nunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego que ante o descoñecemento do día exacto do nacemento da poeta, celebrábase o 24 de febreiro, día en que recibiu o bautismo.

Sen embargo, tras a aparición de nova documentación, a investigadora galega Sagrario Abelleira levou a cabo unha serie de pescudas chegando á conclusión que a data de nacemento real foi 23 de febreiro, polo que se acordou adiantar a efeméride.

Toda esta información quedou recollida na publicación Rosalía e Murguía: datos, datas e documentos (1851-1858), publicado co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.