fbpx

Colaboradores

Entre Músicas

Espazo dedicado a todos os amantes da música aos que lles guste saber qué senten os artistas, como traballan, se forman…

Un recuncho de entrevistas que tratan de ir un pouco máis “ao fondo” da personalidade dos grandísimos músicos que temos no noso país, realizadas pola xornalista e vocalista de A Banda da Loba, Xiana Lastra.

Preme na imaxe para ler os artigos de Xiana Lastra.

Crusat & Costas

José Crusat e Lorena Costas dannos a súa visión dos viños galegos, contando desde a súa orixe, ata as súas características e con que maridan.

Atréveste a ir de cata con eles?

Preme na imaxe para ler os seus artigos.

De bares con Jessi

Sabedes aquelo de "Como coñecín a vosa nai?", pois a resposta é, claramente: Nun bar! Porque TODO pasa nos bares...

A miña obriga como xornalista é encher o peto de 'chismorreos', novidades, de nomes de cociñeiras, de aventuras cos camareiros e hosteleiros de Santiago. Aquí escribirei sobre pratos estrela ou estrelados, sobre reducións, emulsións, espumosos e o que me boten! Vides?

#apapar

Juan Vázquez leva ao seu alter ego @JuanEAT_o a probar os mellores pratos dos restaurantes de Santiago e a súa comarca.

Cal será o seu veredicto?

Preme na imaxe para ler os seus artigos.

De libros con Ruth

Nesta sección falamos de libros e tamén dos seus autores.

Ruth Ríos entrevista a escritores e escritoras disposta a coñecer todo o que nos queren transmitir coas súas obras.

666 RPM

O crítico musical César Varela escribe 666 RPM, unha sección na que dá a coñecer aos lectores bandas da nosa cidade que están de actualidade e que traballan desde o subterráneo.

Tamén fala de eventos musicais e culturais que teñan lugar en Compostela.

Varela está a preparar un libro sobre a Historia do Rock Compostelán (1974-2007).

A gorida do artista

Os nosos amigos de Os Catro Gatos (Rúa das Rodas, 13 – Santiago) fan un percorrido polos lugares onde comeza a xestación da obra artística. Nesta sección comparten tempo e espazo con artistas plásticos, artesáns e artistas audiovisuais de toda a cidade.

Preme na imaxe para ler os artigos de ‘A gorida do artista’.