fbpx
CompostelaNovas

Cervexa sen présas na Taberna A Fuego Lento

Alfonso Moldes, na rúa do Vilar, onde abre o seu novo negocio: a Taberna A Fuego Lento. Foto: Iván Barreiro
Alfonso Moldes, na rúa do Vilar, onde abre o seu novo negocio: a Taberna A Fuego Lento. Foto: Iván Barreiro

Chega á Compostela unha nova cervexería que promete descubrirnos todo un mundo de sabores artesanais. Estamos a falar da Taberna A Fuego Lento (Rúa Vilar, 25).

 Trátase dunha aposta do hostaleiro Alfonso Moldes, que une a súa experiencia para traernos toda unha variedade de cervexas servidas dunha forma especial, prometendo os mellores sabores para os días e noites de verán.

Moldes, con máis de 30 anos de experiencia no sector hostaleiro, quería crear unha cervexería diferente en Santiago, con personalidade propia, dentro da súa filosofía de non ter clientes senónamigos. E así foi que naceu a Taberna A Fuego Lento.

O propio nome da taberna, A Fuego Lento”, é unha declaración de intencións xa que tanto as cervexas como á cociña están feitas sen présas, con agarimo, receitas tradicionais para que o cliente poida gozar dos sabores.

Recordemos que a cervexa necesita cocción; elabórase a partir dun cereal que leva un tratamento, pero o 88% é auga. Por iso, as cervexas ben feitas fanse a fogo lento. O produto, a receita e a maquinaria son os ingredientes segredos para unha cervexa saborosa.

E é que a boa cervexa merece un trato coidado, mimando a temperatura, a exposición e dándolle unhas atencións semellantes as que xa recibe o viño. A cervexa é moito máis que un simple refresco, é unhaarte.

Neste novo local podemos atopar todo o amploportfolio de Mahou San Miguel. Hai Alhambra, San Miguel Selecta, Barrica de Mahou… Así como microcervexerías de Mahou como Nómada Brewing ou Founders Brewing.  De feito Founders é a cervexamero un dentro das que se fan en Estados Unidos.

Para conservar todo o sabor, a Taberna A Fuego Lento dispón de seis grifos, sempre coa cervexa en frío. Ademais, todo o produto consérvase en cámaras de frío, semellantes as vinotecas que xa coñecemos. É a forma de tratar como merecen ás cervexas de calidade.

A Taberna busca contribuír á cultura cervexeira de Compostela e de feito ten previsto realizar catas e maridaxes. 

Dentro deste obxectivo de crear amor pola cervexa, Mahou está apostando por potenciar a xente que sabe facer cousas distintas.  Alfonso Moldes pon o exemplo de Nómada, da que se confesa namorado. Nómada era unha marca independente que foi adquirida por Mahou. Pero a gran marca respecta á pequena; inclúe ás persoas, coa súa marca, e lle aporta todo o material suficiente para facer cervexas distintas.

Unha cervexa para cada intre

Na súa casa, Alfonso Moldes quere aconsellar aos clientes para que gocendas cervexas máis axeitadaspara cada hora do día. Cada cervexa  ten o seu momento.

“Eu teño cervexas que se mas piden a primeira hora da mañá, intento convencerlles para que pidan outra. Porque as cervexas divídense, independentemente dos estilos, no tipo de trago, explica Alfonso. Hainas de trago longo, semilongo e curto. As que son de trago curto son cervexas con moito sabor que tes que saber saborear.

Todas as cartas da Taberna levan a súa ficha de catas, e o persoal pode responder a todas ás dúbidas e necesidades dos clientes.

Cociña

O agarimo en Taberna A Fuego Lento non só está na cervexa senon tamén na cociña que a acompaña e marida. É unha cociña con toques de autor.

O concepto de cociña é regresar aotradicional e verdadeiramente importante: o produto, apostando tamén por coccións moi lentas.

Traballamos con cociña de leña, exclusivamente, recuperando as receitas antigas das nosas avoas adaptándoas ás técnicas modernas. Temos tamén forno de brasas de carbón”, engade Alfonso Moldes

Decoración

A cargo do prestixioso arquitecto Rafa Novio, ten un toque moderno pero imitando ao antigo, inspirado nos cafés de París dos anos 20, cunha mesa central con distintas alturas, todas de mármol; botelleiros de cervexas forrados de cinc e, o máis espectacular, unha barra pegada á parede,  de forma que non se separa ao camareiro do público. Tamén hai toques ingleses no mobiliario. 

Con estas propostas, a Taberna A Fuego Lento únese á nova tendencia en cervexerías; vivas, imaxinativas e con diferentes produtos, moitos de tempada.  A bo seguro que gusta aos composteláns, sempre abertos a coñecer cousas novas, grazas tamén á maior cultura viaxeira. Por fin asmellores propostas en cervexas chegan á Compostela.