fbpx

Celebramos o terceiro aniversario da Revista Pincha cunha historia moi especial…

Por Rebeca Munín

Xa pasaron tres anos desde aquel 2 de maio de 2017 no que saíu á rúa o primeiro número en papel da revista Pincha. Este terceiro aniversario pillounos na casa, en pleno confinamento pola pandemia do Covid-19. Non puidemos repetir a festa que celebramos no 2019, na que entregamos o primeiro premio #somospincha Pero tiñamos que facer algo!

Un día, hai unhas semanas, descubrimos polas redes unha historia moi especial que tiña que ver connosco. E pensamos… que mellor maneira de celebralo que contándoa!

Así que aquí tendes o resultado. Unha entrevista con Iván Tourís e Patty Castro que fixemos por videochamada. Dádelle ao play e non perdades o final, que vén con sorpresa! 😉 #somospincha