fbpx
CompostelaNovas

Cea maridaxe Mahou en A Horta d’Obradoiro

O pasado 27 de novembro celebrouse unha cea moi especial no restaurante compostelán A Horta d’Obradoiro. Co obxectivo de celebrar a excelencia internacional e dar a coñecer o palmarés 2019 de Mahou, organizouse unha cata maridada.

Durante dúas horas, os asistentes – entre os que se atopaba a nosa compañeira Ruth Ríos – puideron descubrir unha premiada gama de cervexas Mahou dunha forma creativa e experiencial mentres que cada unha delas era maridada con pratos preparados polo equipo de Horta d’Obradoiro, recentemente recoñecido como restaurante Bib Gourmand.

Mahou pecha este 2019 cun total de 45 medallas. Este palmarés sitúaa, por terceiro ano consecutivo, como a gama cervexeira española máis premiada do mundo e demostra o bo momento de forma que vive o sector. Desde as referencias máis coñecidas para o consumidor, como Mahou Cinco Estrellas, ás cervexas de especialidade máis innovadoras, oito cervexas diferentes da marca madrileña foron recoñecidas por expertos de todo o mundo. A última en sumarse á listaxe de premiadas foi Mahou Cinco Estrellas Session IPA, lanzada ao mercado para mediados de ano, e que nace da colaboración coa craft norteamericana Founders Brewing -unha das máis recoñecidas en Estados Unidos-.