fbpx
GaliciaNovas

Catamos Magna, a nova cervexa de San Miguel

Cervexas San Miguel lanza Magna. Unha creación cervexeira chea de matices, unha cervexa contemporánea, que achega máis notas, máis intensidade e máis riqueza de sabor.

Trátase dunha cervexa Golden Lager con gradación 5,7º, elaborada seguindo un proceso de lupulación en tres tempos, que lle achega notas herbais e florais de lúpulo fresco e aromas a malta tostada.

De cor dourada e brillante, aromáticamente ten un perfil moi equilibrado. En nariz, aprécianse intensidades lixeiras a froitas brancas e maduras xunto a notas herbales e florais de lúpulo fresco e aromas a malta tostada. En boca, ten corpo, un amargor moderado e unha textura sedosa.

Magna xa está dispoñible tanto na canle de hostalería como en alimentación e con ela, Cervexas San Miguel suma unha nova proposta cervexeira ampliando así o seu portafolio.

Sobre Mahou San Miguel

Compañía familiar 100% española, líder do sector cervexeiro no noso país cunha cota de produción do 34%. Dispón de 11 fábricas de cervexa –oito en España, unha en India e dúas en EEUU–, catro mananciais e plantas de envasado de auga e un equipo próximo aos 3.200 profesionais.

Conta con 129 anos de historia, que comezan co nacemento de Mahou en 1890 e continuan coa adquisición de San Miguel en 2000, a incorporación da marca canaria Reina en 2004, a de Cervexas Alhambra en 2007 e a de Solán de Cabras en 2011.

Posúe un amplo portafolio de cervexas nacionais, con produtos pioneiros na súa categoría, e unha variada gama de cervexas internacionais e marcas de auga. A internacionalización é un dos eixos estratéxicos para o seu desenvolvemento e está presente en máis de 70 países.