fbpx
CompostelaNovas

Casa dos Xacobes e O Ferro triunfan no XII Santiago(é)Tapas

Foto: La Diapo

O salón de actos do CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) acolleu a gala de entrega de premios do XII Santiago(é)Tapas e I Santiago(é)Cóctel. O acto foi conducido polo actor Federico Pérez, perante dunha nutrida representación da hostalaría compostelá. Tamén asistiron o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte; e outros membros da Corporación municipal, así como a presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos, e outros membros da súa directiva.

En total, durante os quince días que duraron os concursos repartíronse máis de 30.000 tapas e 2.000 cócteles. En canto a votos do público, contabilizáronse 20.000 válidos.

As propostas gañadoras foron:

  • Premio ao cóctel clásico Santiago(é)Cóctel 2019, dotado cunha cocteleira, un diploma e 500 euros, para ‘Expreso Martini’, de A Carrilana.
  • Premio ao cóctel creativo Santiago(é)Cóctel 2019, dotado cunha cocteleira, un diploma e 500 euros, para ‘A kind of magic’, de Pub Atlántico.
  • Premio Maridaxe Mahou Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura, 500 euros en producto e un showcooking nun evento Mahou, para ‘Empanada líquida de bonito de Burela’, de Lume.
  • Premio Tapa do Público na categoría tradicional Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 700 euros, para ‘Manitas crocantes’, de Casa dos Xacobes.
  • Premio Tapa do Público na categoría creativa Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 700 euros, para ‘Lacón con grelos’, de Artesana.
  • Segundo Premio á Tapa Creativa Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 500 euros, para ‘Coci-Dillo’, de Xuntanza.
  • Segundo Premio á Tapa Tradicional Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 500 euros, para ‘Mexillón viaxeiro’, de A Viaxe.
  • Primeiro Premio á Tapa Creativa Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 1.000 euros, para ‘Criollo marino’, de O Ferro.
  • Primeiro Premio á Tapa Tradicional Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 1.000 euros, para ‘Manitas crocantes’, de Casa dos Xacobes.

A tapa da Casa dos Xacobes, ‘Manitas Crocantes’, representará a Santiago no concurso ‘De tapas por Galicia’, organizado por Turismo de Galicia, xa que foi a que maior puntuación obtivo unha vez ponderados os votos do público e do xurado profesional.

Ademais destes galardóns, os chefs dos dez locais que participaron na final do concurso celebrada do 6 ao 8 de decembro, recibiron como agasallo un mandil oficial do XII Santiago(é)Tapas. Estes foron: A Maceta, A Viaxe, ACDC, Artesana, Bar Suso, Casa dos Xacobes, La Bodeguilla de Santa Marta, Lume, O Ferro e Xuntanza.

O XII Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago no que participaron 109 petiscos, é un evento promovido por Turismo de Santiago, organizado pola Asociación Hostelería Compostela, co apoio da Deputación de A Coruña, e o patrocinio de Mahou. Tamén colaboraron Cash Record, Coca Cola, Finca Viñoa e Aceites Abril, o aceite oficial do concurso; así como o festival de cine Cineuropa, a Asociación de Celíacos de Galicia, o movemento Slow Food e Utimaq.

O I Santiago(é)Cóctel é un concurso organizado pola Asociación Hostelería Compostela, que nesta primeira edición contou con 25 cócteles participantes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.