Canas recheas de crema de augardente

Por Vicky Morales de Taller de Azúcar

As canas son un clásico da repostería galega, neste caso facémolas aínda máis da nosa terra con este delicioso recheo de crema de augardente.

Ingredientes para a masa:

200 gr. de fariña

70 gr. de aceite de oliva suave

70 gr. de leite

3 gr. de sal

Ralladura de pel dun limón

Azucre para decorar

Ingredientes para a crema:

170 gr. de leite

30 gr. de augardente

40 gr. de azucre

2 xemas

30 gr. de maicena

Preparación:

Primeiro preparamos a crema para que se arrefríe:

Nun cazo vertemos as xemas, o azucre, a maicena e 50 gr. do leite. Mesturamos ben.

Noutro cazo vertemos o resto do leite e o bagazo, levamos a ebulición e vertemos sobre a mestura anterior.

Volvemos poñer no lume removendo ata que espese.

Retiramos e deixamos que arrefríe na neveira.

Para a masa: mesturamos ben todos os ingredientes, estiramos pequenas porcións da masa cun rodete e enrolamos en moldes de canas.

Fritimos en abundante aceite quente.
Quitamos o exceso de aceite e con coidado retiramos a cana frita do molde, repetimos ata acabar con toda a masa.

Unha vez frías, enchemos coa crema, botamos azucre por encima e servimos.