fbpx

Belén e Rocío Barral, de Lucecús: «Queremos facer bonecas que duren para sempre»

As irmás Belén e Rocío Barral decidiron chamar en 2014 á súa marca “Lucecús” en homenaxe ao seu avó, porque querían facer algo “con luz propia”. Así empezaron creando broches e bonecas de feltro inspiradas na música tradicional galega, e co tempo as súas creacións foron tomando referencias de series, películas, contos… segundo os gustos de cada unha das súas irmás. Ata chegar a construír un universo único onde teñen cabida personaxes como as Lampydolls, bonecas con historia propia.

Se queres coñecer un poco máis sobre elas e o seu traballo -que conta coa marca de Artesanía de Galicia-, non perdas esta 'Entrevista con xeito'.