fbpx
GaliciaNovas

Bares, cafeterías e restaurantes, pechados ao público polo coronavirus

Traballador nunha cafetería. Foto: Iván Barreiro

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acaba de anunciar tras unha reunión extraordinaria do Consello da Xunta o peche de todos os bares, cafeterías e restaurantes de Galicia durante os próximos 14 días como medida para axudar á prevención e contención do coronavirus. Si que poderán prestar servizos de entrega a domicilio ou de recollida no local.

Salas de festas, discotecas, pubs, polideportivos, albergues do Camiño de Santiago, piscinas e furanchos tamén quedan pechados.

O peche, que comezará a partir das 00:00 horas de hoxe, non afecta a carnicerías, froitarías, peixarías, tendas de alimentación, quioscos e farmacias, que si permanecerán abertas.