fbpx

Axenda

Nov
2
Mér
Festival 23 aniversario Sala Mardi Gras
Nov 2 – Dec 6 all-day

A Sala Mardi Gras cumple 23 anos e van a celebralo por todo o alto. 23 actuacións para conmemorar o seu 23 aniversario ao longo dos meses de novembro e decembro.

Bandas e artistas desde Estados Unidos como Jive Mother Mary, Bart Davenport ou o bluesman JC Smith, do Reino Unido como Quireboys ou Booze & Glory (con varios polacos nas súas filas), desde Australia chegan The Meanies, teloneiros na última xira de Foo Fighters polo seu país, e de Nirvana nos 90 (levan máis de 30 anos de carreira) ou os fantásticos canadenses The Commoners, moi na onda Black Crowes.

Haberá tempo para eventos benéficos como os días 2 e 3 de decembro, o primeiro no ciclo ACCIÓN POR TODOS que coordina Edu Albo no que actuarán Rockers Go To Hell e Los Mecánicos. O sábado 3 a recadación será íntegra para CASCO, o comité Antisida da Cidade.

Tamén vivirán concertos do ciclo Kilómetro C de Estrella Galicia con La Paloma, banda madrileña que está a chamar a atención da crítica nacional.

Presentarán disco os fantásticos The Soul Jacket nun concerto organizado pola República Musical Mardi Gras. E veremos a The Exploding Boys, considerados o mellor tributo a The Cure en España e que nesta xira incorporan temas de Depeche Mode, Joy Division e New Order.

Máis información sobre cada un dos concertos en: salamardigras.com

Nov
27
Dom
‘Matinais Musicais’
Nov 27 @ 12:00 p.m.

A Xunta programa na Cidade da Cultura tres novos concertos do ciclo Matinais Musicais para este outono que achegan ao público as últimas creacións musicais de vangarda, o jazz e impulsan o diálogo entre Xapón e Galicia a través da música. Serán tres actuacións nas mañás dos domingos o 25 setembro, o 23 de outubro e o 27 de novembro e as entradas pódense adquirir xa a través de Ataquilla. 

As Matinais Musicais arrincan con Aruku – Camiñar e a cantante Ryoko Aoki, figura internacional do teatro Noh, unha das manifestacións máis antigas do drama musical xaponés. A súa presenza en Galicia ten ademais un carácter especial, xa que dará orixe a unha nova creación musical contemporánea que celebra o irmandamento das rutas de peregrinación do Camiño de Santiago e o Shikoku Henro. A artista nipoa estará acompañada polo dúo de pianistas Haruna Takebe e David Durán, de Vertixe Sonora.

O programa reunirá tamén a unha compositora orixinaria de Shikoku, Noriko Kawakami, co galego Xacobe Gaspar, nunha residencia artística no Gaiás que compartirán cos intérpretes, e que culminará no concerto de estrea o domingo 25 de setembro ás 12,00 horas no Museo Centro Gaiás.

Impulsado pola asociación Kyodo co apoio do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, a Fundación Japón e Yamaha, Aruku – Camiñar afonda no intercambio cultural, filosófico e creativo que os gobernos galego e xaponés veñen promovendo desde eidos como a cultura, o turismo e a educación.

Jazz e vangarda

No mes de outubro, será Lucía Martínez a encargada de poñer banda sonora ás mañás de domingo no Gaiás. A compositora e multi-instrumentista viguesa, unha das principais percusionistas de jazz de España, estará nas Matinais Musicais presentando o seu último traballo na compaña de tres músicos e amigos cos que forma o Lucía Martínez Cuarteto, un proxecto nacido na escola de Jazz no Porto hai máis de 12 anos. Será no auditorio do Edificio Fontán o domingo 23 de outubro ás 12,00 horas.

Calma e algo máis é o título do repertorio orixinal, un concerto de jazz contemporáneo que bebe de músicas moi diversas, as mesmas que Lucía Martínez explora na súa traxectoria: folk, clásica, flamenco e world-music, entre outras moitas.

Tamén no Edificio Fontán será o concerto co que ARXIS Ensemble pechará o 27 de novembro este ciclo das Matinais Musicais. A formación de música contemporánea propón un percorrido xeográfico e sonoro en cinco etapas para achegar ao público as composicións dos últimos 50 anos da música de vangarda. 

Obras de Hosokawa (Xapón), Scelsi (Italia), Saunders (Reino Unido-Alemaña), Posadas (España) e do galego Miguel Matamoro conforman Sobre a noite, un programa no que o son dos instrumentos semella facerse visible e tanxible, confundindo o ollo co oído.

‘Matinais Musicais’ infantís

Nesta ocasión, as Matinais Musicais da Cidade da Cultura contan tamén cunha actividade complementaria, de carácter gratuíto, pensada para favorecer a conciliación das nais e pais que asisten aos concertos no Gaiás. 

A través de xogos e obradoiros creativos, as nenas e nenos de 5 a 10 anos poderán coñecer diferentes aspectos relacionados co programa do ciclo. Desta maneira, procúrase que coñezan outras músicas e desenvolvan intereses culturais comúns coas súas familias. A reserva de prazas pode facerse a través de Ataquilla.

As Matinais Musicais Infantís forman parte do Plan Corresponsables posto en marcha pola Xunta para ofrecer alternativas de conciliación nas bibliotecas, arquivos e museos de xestión autonómica, a través do convenio asinado entre a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, co financiamento do Ministerio de Igualdade.

Dec
2
Ven
Butaca de jazz
Dec 2 @ 8:30 p.m.

Afundación presenta a terceira edición de «Butaca de jazz» na súa Sede da Coruña. Enmarcado no programa solidario da Obra Social de ABANCA, «Cultura por alimentos», este ciclo musical presenta o mellor jazz galego con poxección internacional para o público que, reconvertendo a súa entrada tradicional polo equivalente en alimentos non perecedoiros acuda aos tres recitais previstos ata o mes de decembro. A reserva de entradas pode realizarse xa en Ataquilla.com.

Esta nova edición está encadrada no programa de «Cultura por alimentos», mediante o cal Afundación muda a entrada ordinaria aos eventos culturais por unha entrega solidaria de alimentos non perecedoiros que se poderán depositar nos colectores habilitados ao efecto e que logo serán distribuídos polos bancos de alimentos locais. 

Esta terceira edición de «Butaca de jazz» segue mantendo o foco no jazz galego máis internacional, combinándoo con outras propostas de fóra de Galicia. Un ciclo de propostas persoais, no que o número tres devén no protagonista absoluto. Nesta terceira edición, preséntanse tres concertos de tres tríos de piano, contrabaixo e batería, poñendo de relevo as inmensas posibilidades alén da coincidencia instrumental. Tres proxectos con tres sons completamente diferenciados. 

Nesta ocasión «Butaca de jazz» presentará os recitais de Paco Charlín (venres 18 de novembro, 20.30 h), Lucia Fumero (venres 25 de novembro, 20.30 h) e Nani García (venres 2 de decembro, 20.30 h), e da pianista Lucia Fumero (venres 25 de novembro, 20.30 h).

Concerto de Rozalén
Dec 2 @ 8:30 p.m.

Para conmemorar dez anos na música, a artista rexistrou con mestría un conxunto de temas producidos por Ismael Guijarro onde rende homenaxe ao folclore e á música tradicional do noso país. O que propón é unha viaxe xeográfica -e tamén emocional- por toda a península a través de pezas que forman parte da nosa memoria colectiva e identidade; así como novas composicións inspiradas no cancionero popular. Para presentar este ambicioso traballo, Rozalén embárcase nunha xira de concertos nos que debullará estas composicións arroupada pola súa banda habitual. Desde maiores a pequenos poderán gozar dun espectáculo que fala de nós a través da música; abrazando a nosa historia con cancións fundamentais. Pasean, vexan… pero, sobre todo, escoiten e gocen deste emocionante proxecto.

Dec
3
Sáb
“Onde a Música Habita”
Dec 3 @ 12:00 p.m.

O Concello de Santiago; e a delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG Santiago) organizan un ciclo de catro concertos baixo a denominación “Onde a Música Habita”, que terán como escenario catro emprazamentos arquitectonicamente relevantes da cidade. Presentárono hoxe en rolda de prensa a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o presidente do COAG Santiago, Ángel Cid.

Segundo manifestaron, o obxecto do ciclo de concertos é pór en valor a arquitectura notable da cidade como marco destas accións culturais. Trátase dun ciclo de concertos itinerantes que nace para achegar a música a espazos arquitectónicos referentes na cidade, espazos dos que moita cidadanía descoñece a súa relevancia arquitectónica, a pesares de ser edificios coñecidos e utilizados. Cada concerto será introducido polo actor Quico Cadaval, que contará aos asistentes a historia de cada localización. Tamén sinalaron, que en cada concerto a música porase ao servizo da arquitectura, adaptando cada proposta musical ás características do espazo.

O ciclo celebrarase os días 26 de marzo, co concerto de Guadi Galego no Colexio Raíña Fabiola; o 18 de xuño, co concerto de Laura Lamontagne & Picoamperio, Xardín das Pedras na Biblioteca de Fonseca; o 17 de setembro co concerto de Abraham Cupeiro no Museo de Historia Natural no Parque de Vista Alegre; e o 3 de decembro co concerto de Xan Campos Trío na Praza de Aurelio Aguirre en Conxo.

“Onde a música hábita”, “un título sinxelo pero cun contido moi potente” en palabras de Mercedes Rosón, que “resume a esencia do que serán estas catro propostas musicais. Resume a simbióse entre espazo e son, entre harmonía e arquitectura”. Para a concelleira, servirá para visibilizar e unir “ese inmenso patrimonio que ten Compostela coa cultura”. Uns espazos urbanos, engadiu, que agora se poñen en valor”, nunha primeira experiencia que “estamos seguros vai ser un éxito”. Ángel Cid amosou o seu desexo de que esta iniciativa “se convirta nun ciclo estable dentro da programación cultural da cidade, ademáis de ser un proxecto exportable a outras cidades”. Un ciclo, engadiu, que recolle ” a nosa fe na forza da música e da arquitectura para transformar o mundo”.

Guadi Galego no colexio no Raíña Fabiola

A iniciativa comezará este sábado, 26 de marzo, co concerto de Guadi Galego ás 12:00 h no Colexio Raíña Fabiola, obra do arquitecto italiano Giorgio Grassi, onde Quico Cadaval dará as claves desta construción.

Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual, froito dunha andaina musical que comezou sendo moi nova. En 1997 entra en Berrogüetto como vocalista, pianista e gaiteira e desde ese momento daría paso a unha carreira que a levou por un camiño cheo de éxitos musicais como Espido (xunto a Guillerme Fernández, Xosé Lois Romero e Xabier Díaz) ata o seu actual proxecto persoal, banda coa que está a traballar nun novo proxecto.

A faceta de teórico da arquitectura impregna toda a obra do italiano Giorgio Grassi. A súa idea de que os principios da arquitectura son únicos e inmutables reflíctese en toda a súa obra e, claro está, tamén no seu conceptual proxecto para un colexio público compostelán como o Raíña Fabiola. Construído nunha horta-xardín, nunha beira da cidade histórica, o severo edificio amosa na súa simetría e regularidade os valores de intemporalidade que lle permiten aparecer no centro do terreo como un volume sólido, sereno, sen formas sorprendentes.

As entradas para os concertos, que son gratuitos, pódense reservar na web de reservas.gal, no apartado “Onde a música habita”.

‘Hija de la Luna’ por Robin Torres
Dec 3 @ 10:00 p.m.

«Hija de la Luna – El mejor homenaje a Mecano del mundo» protagonizada por Robin Torres, volve despois de 6 anos de xira e con máis de 250 concertos por España e Latinoamérica, cun novo espectáculo baseado na xira máis importante da carreira de Mecano, DESCANSO DOMINICAL, que non só foi o seu disco máis vendido, senón que os catapultou á fama e consolidounos como a lenda que son hoxe para tantas xeracións.

Agora, en Santiago de Compostela poderase gozar dunha montaxe onde o vestiario e as coreografías están completamente renovadas, xunto a unha brillante escenografía e posta en escena espectacular, que farán que o público se reencontre coa verdadeira esencia de Mecano, e trasladaralles grazas a esta homenaxe, cualificado pola crítica como o mellor que existe ata a data!

Directo de ‘Los Jinetes del Trópico’
Dec 3 @ 10:00 p.m.

‘Los Jinetes del Trópico’ chegan a Santiago de Compostela!

Cumbia, reggaeton antimachista e merengue en forma de verbena tropical.

Dec
5
Lun
Octava edición de Fanzine Fest
Dec 5 – Dec 10 all-day

Fanzine Fest, o festival de música electrónica de vangarda de referencia no noroeste peninsular, regresará o próximo mes de decembro aos escenarios coruñeses para situar á cidade como a capital dunha experiencia sonora e visual única. A Coruña celebrará seis xornadas repletas de música electrónica de vangarda coa oitava edición do festival que, un ano máis, reunirá a figuras destacadas da música electrónica e artes visuais a nivel galego, nacional e internacional. Os tickets para os shows con entrada de pago xa están á venda na través da páxina web oficial www.fanzinefest.com.

Fanzine Fest desenvolverase en 5 localizacións da cidade da Coruña, con outros tantos escenarios. O da xornada inaugural será, como é habitual nas últimas edicións, o Planetario da Casa das Ciencias, que este ano se converterá no escenario Planetario x WE. A plataforma de sustentabilidade ambiental WE Sustainability exemplifica así o seu compromiso co festival, que desde 2019 aposta precisamente pola inclusión de actividades de coidado e respecto da contorna da man do proxecto galego. En Planetario X WE, o luns 5 de decembro, o público asistente volverá gozar de shows A/V e proxeccións inmersivas en formato full dome. O encargado de abrir a oitava edición do festival será o produtor galego afincado en Barcelona, Andrés Satué, co seu proxecto de electrónica experimental Huma. En Fanzine Fest presentará un directo exclusivo con visuais do berlinés Urok.

Outra das sedes do VIII Fanzine Fest será a Domus. Por unha banda, o martes 6 acollerá a xornada FPS-BPM, a sección dedicada especificamente á creación audiovisual e que conta con Juan Lesta e María Nuñez á fronte. O ciclo, que este ano celebra a súa terceira edición, contará con videoclips, videoarte e coloquios do audiovisual galego e nacional coa intención de xerar unha visión 360º da escena da videocreación. A entrada será libre ata completar aforo.

Ao día seguinte, o mércores 7, o auditorio do museo científico tamén será sede da terceira xornada do festival, na que o público gozará de dous live A/V: Frecuencias Ancestrales, de Beyond & Pedro Maia, no que ambos os artistas traballan co compositor mexicano Óscar Carrillo para revisar a música tradicional mexicana e comparala coa música avanzada do século XXI; e Ed is Dead (Edu Ostos), artista poliédrico que presentará na Domus un live co seu quinto e último traballo: Global Sickness.

O xoves 8 de decembro o festival vivirá unha xornada singular: Fanzine Fest sairá, por primeira vez na súa historia, á rúa. A praza de Azcárraga será o epicentro do escenario Cidade Vella, unha proposta de programación ao aire libre na que haberá unha sesión continuada de música con artistas da escena local, como Isaac Peces, Edgar Carl, Dj Elektrógena, Pablo Ruizgalán e Liños ou a madrileña afincada en Lugo Annie Hall; ademais de actividades e talleres para público de todas as idades. E, sen saír do barrio, o venres 9 pola tarde regresará outra das iniciativas clásicas do festival: Fundación Luís Seoane x SON EG. O centro de arte contemporánea acollerá, un ano máis, o escenario SON Estrela Galicia, con seis horas non-stop de vangarda electrónica asinadas polo estadounidense Detroit in Effect e os galegos Occy, Sergio Amaro e Roi. Ambas as citas na Cidade Vella serán de acceso libre.

Finalmente o sábado 10 Fanzine Fest poñerá o broche de ouro co seu mítico maratón na Sala O Túnel. Un peche ao grande, con 9 horas de música ininterrompidas na que se darán cita figuras imprescindibles da escena galega, nacional e internacional para que o público despida esta oitava edición como se merece: bailando. Polo escenario de O Túnel pasarán figuras como Reka, toda unha referencia dentro da escena internacional, ou Truncate, artista crave no desenvolvemento do xénero techno en EEUU. Tamén estarán Acoustic Trauma ou Komatssu, que presenta o seu live na Coruña tras dúas décadas de traxectoria; Death Whistle, que presentará un proxecto específico para a ocasión; Lefrenk & The Panic Room, que estrearán live AV; ou nomes como VJ Caskbel, Bombyx Blow & Baldo y Gnomalab.

 

Dec
7
Mér
‘La Hoguera’ Tributo a Extremoduro
Dec 7 @ 10:00 p.m.

Se deixaches de lado “La vereda de la puerta de atrás”, se coñeces a “Evaristo, el rey de la baraja”… ou se es de saír, beber e o estilo de sempre, non te podes perder o tributo de LA HOGUERA ao mítico grupo Extremoduro.

Un tributo impecable e fiel a Extremoduro, unha banda que marcou un antes e un despois no Rock en Español.

Xan
12
Xov
A VOZ HUMANA
Xan 12 @ 8:30 p.m.

Esta versión de La voix humaine está protagonizada por Nicola Beller Carbone, soprano dramática presente nos principais coliseos operísticos de Europa, acompañada por Juan Pérez Floristán, un dos pianistas españois con máis proxección internacional -gañador do Premio Rubinstein e artista residente do Festival de Granada este verán- quen ademais debuta nesta proposta como actor intervindo en varios momentos.

Un proxecto escénico de pequeno formato e gran beleza plástica coa dirección escénica e artística de Rafael F. Villalobos, cunha posta en escena afastada do orixinal -a chamada de teléfono- e sitúase nun plano simbólico que percorre a historia da parella -ela e el- e do insoportable medo a morrer sos que lles fai seguir unidos.

· Nicola Beller Carbone, Ela (soprano)

· Juan Pérez Floristán, El (piano)

· Luis Tausía, O insoportable medo a morrer sós (actor)

· Rafael R. Villalobos, dirección, dramaturxia, espazo escénico, vestiario e iluminación