fbpx

Axenda

Out
22
Ven
Soa Bonaval
Out 22 – Out 24 all-day

O 22, 23 e 24 de outubro celébrase a 1ª edición de Soa Bonaval, un evento organizado polo Museo do Pobo Galego,  con concertos, conversas e itinerarios sonoros.

O festival pretende  desmitificar os xéneros e as etiquetas, e contar con artistas que traballan sobre os sons clásicos e de raíz, o local e a cultura e a lingua propias, compoñendo músicas plenamente actuais que van desde o electrónico ao folk pasando polo pop, o rock ou o ambient.

O cartel desta primeira edición inclúe propostas como a da cantautora de Ibias (Asturias), Lorena Álvarez quen traerá a Soa Bonaval a súa “Colección de canciones sencillas”; Peña o grupo pontevedrés formado por Toño Magariños (Diola, Unicornibot), Rubén Abad (Cró!, Trilitrate) e Elena Vázquez (Trilitrate) ou Libredón, o proxecto musical do compostelán Denís Estévez, que desfragmenta e recompón pezas clásicas cunha linguaxe analóxico-dixital.

Ademais o festival estreará Exvba, unha proposta que nace da unión de Elba Fernández e Xavi Font. Os gañadores do Mestre Mateo 2020 á mellor música orixinal por “Hierro”,  Elba e Xavi deciden afastarse dos longos tempos no estudio para crear este proxecto que verá a luz na Igrexa de Bonaval, lugar para o que foi creado.

No formato de conversas con artistas, Soa Bonaval trae a un dos produtores máis aclamados da última década. O catalán Raül Refree, que neste ano meteuse de cheo na música tradicional galega. A conversa completarase coa actuación de Tralo-Valo, o dúo da tocadora Carme da Pontragha e o zanfoneiro Ariel Ninas, que interpretarán un repertorio baseado no arquivo do antropólogo danés Gustav Henningsen en Galicia nos anos 60.

A primeira edición do Soa Bonaval complétase co itinerario sonoro Son[em]peza. A proposta do DEAC fopi desenvolvida pola educadora Carme Campo xunto co equipo do Arquivo do Patrimonio Oral Inmaterial ( APOI) e poderase realizar durante o festival, conducido por persoal do Museo. Despois, e até finais de ano poderá realizarse de maneira autónoma.

As entradas poñeranse á venda a partir do luns 11 de outubro ás 11 horas a través da plataforma Vivetix do Museo do Pobo Galego.

O festival está organizado polo Museo do Pobo Galego, co patrocinio do Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Arcebispado de Santiago.

Nov
13
Sáb
Concerto de Zahara
Nov 13 @ 9:30 p.m. – 11:30 p.m.

A Xira Vibra Mahou acompañará ao longo deste ano a Zahara nun circuíto que percorrerá 17 cidades da xeografía española. A xira, que tivo que pospoñerse o pasado ano debido ao contexto sanitario, volve á estrada da man de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que continúa xerando encontros en torno ao directo.

Entre os concertos previstos nesta xira atópanse o de Santiago de Compostela, o 13 de novembro na Sala Malatesta, e Vigo, o 27 de novembro, Rouge Club.

Esta xira servirá como presentación do seu novo e esperadísimo disco ‘Puta’, e promete ser todo un acontecemento a través do cal a artista quere abordar unha nova etapa e ofrecer unha experiencia totalmente diferente aos seus fans. Un enorme espectáculo á altura do seu último traballo: unha colección de temas profundamente persoais coa que exorciza os demos que lle acompañaron desde a infancia, sacando á luz todas as súas imperfeccións e caras ocultas. Directos extraordinarios, ideados como bonecas rusas, xa que á súa vez encerran varios concertos no seu interior.

As entradas para os concertos da Xira Vibra Mahou con Zahara poden adquirirse desde xa en Wegow.

Mar
26
Sáb
Concerto de Novedades Carminha
Mar 26 @ 8:00 p.m. – 11:00 p.m.

O cuarteto compostelán Novedades Carminha actuará no Multiusos Fontes de Sar, en Compostela, dentro da súa xira de reecontro cos seus fans.

Con cinco discos ás súas costas, decenas de hits irresistibles e longas xiras de concertos nos que nos fixeron bailar de principio a fin, Novidades Carminha aposta pola tempestade tras esta insoportable calma. A banda galega foi a máis galardoada na edición do 2020 dos premios MIN, con tres galardóns: Mellor Álbum de Pop, Mellor Artista e Mellor Directo.

Mai
22
Dom
Concerto de Bad Religion
Mai 22 @ 9:00 p.m. – 11:30 p.m.

Debido á situación actual polo COVID-19, o concerto de Bad Religion que se ía celebrar en 2021 no Multiusos Fontes do Sar queda aprazado para o 22 de maio de 2022.

Con motivo do 40+2 aniversario da banda máis querida de punk rock, Bad Religion emprenderá a xira máis longa nunca feita na Península, e estará acompañada por bandas que normalmente son cabezas de cartel das súas propias xiras.

Todas as entradas adquiridas para a xira de 2021 serán válidas para a nova data axendada para o vindeiro 2022, polo que, na medida do posible, recoméndase que se conserve a mesma evitando a devolución. Aquelas persoas que opten pola devolución das entradas adquiridas poden dirixirse ata o 30 de abril de 2021 ao seu punto de venta físico ou ao enderezo electrónico info@ayudaeventos.com solicitando a devolución do importe das mesma.

Xuñ
16
Xov
O Son do Camiño
Xuñ 16 – Xuñ 18 all-day
Xuñ
19
Dom
Concerto de Marc Anthony
Xuñ 19 @ 10:00 p.m. – 11:30 p.m.

O coñecido artista de Puerto Rico, Marc Anthony, actuará en Santiago o día 19 de xuño de 2022 como parte do seu Opus Tour no que presenta os temas do seu novo álbum, ademais doutros grandes éxitos como ‘Valió la pena’ ou ‘Vivir mi vida’.

Este concerto ía celebrarse no ano 2020, despois en xuño de 2021, pero houbo que aplazalo pola pandemia do Covid-19. As entradas xa adquiridas serán válidas para a nova data.