Axenda
- Categories
-
Tags
a baña A banda da Loba A Corula A Coruña A Estrada A Pobra do Caramiñal aCentral Folque Acrobacias actividades Afundación Agadic Agolada Alameda Ames Apóstolo Apóstolo 2022 Area Central arpa arte arte urbana artes escénicas Artes vivas artesanía Artesanía de Galicia Artesanía no Prato Arzúa Ascensión Asociación de Medios en Galego Asociación Hostelería Compostela Atardecer no Gaiás Atlantic Pride Atlántica Auditorio Abanca Auditorio de Galicia Auditorio do Centro Sociocultural Ágora Auditorio do Fórum Metropolitano Ballet Banquete de Conxo Benéfico Bertamiráns Biblioteca de Galicia Biblioteca provincial da Coruña Biblioteca Pública Ánxel Casal Biduído BLUE espazo de creación Bodegas Martín Códax Boimorto Boqueixón Boucatise Boyanka Kostova Brión Café Derby caldo de gloria Cambados Camiño de Santiago Campus Sur Cans carreira Casa da Troia Casa da Trova Casa das Crechas Casa do Cabido Casa Museo Casares Quiroga Castelao cata CDG Cemiterio de Bonaval Centro Cívico do Ensanche Centro Cultural Fernando Casas de Novoa Centro Don Bosco Centro Dramático Galego Centro Social ABANCA Centro Sociocultural Ágora Centro Sociocultural de Santa Marta centros socioculturais cervexa Cervezas Alhambra CGAC Chévere Ciclo de Lied Cidade da Cultura cinema cinema galego Cinenterraza Cineuropa circo Ciudad Deportiva de Riazor Clusaga cociña Coliseum comercio comercio local Compostela Compostela Ilustrada Compostela swing concerto concertos concierto concurso Concurso Tapas Picadillo Conxo Coruña Cociña Couso Cristina Pato cultura cultura inclusiva cultura popular cultura urbana curtametraxe Curtocircuíto Danza debate debuxo Delas Fest Deluxe Día da Música Día das Letras Galegas Día de Rosalía Día dos medios en galego Día Internacional dos Museos dj Dospasos eMe Music Club Entroido Espectáculo Estrelas Michelin Estrella Galicia ExpoCoruña exposición Facom Fest Facultade de Xeografía e Historia Fanzine Fest Feira do libro Feirarrúa Feito a Man feminismo festa Festa da Filloa festa da uña Festa do Apego Festa do Banquete Festa do Queixo Festas da Ascensión Festas da Madalena Festas da Peregrina Festas de María Pita Festas do Apóstolo Festigual festival Festival +QJazz Festival Amal Festival Atlántica Festival C Festival Maré Figueiras Fillas de Cassandra filloa Focus Galicia Fonseca formación Fórum Metropolitano fotografía fotoxornalismo Fundación Granell Fundación Luis Seoane Fundación SGAE Galego Galicia Galicia en Copas Galicia Escena Pro Galicia Forum Gastronómico Galicreques Garufa Club gastronomía Grande Amore Hall Proa de Palexco Hens hostalaría hostelería Hotel Monumento San Francisco Humor igualdade Ilusionismo ilustración inauguración itaca jazz Jazz Filloa Kirk Fletcher La Bien Querida Lacónicas lamprea Lavacolla Leo Harlem lestedo Libraría Couceiro libro Liceo de Noia literatura Lorca Los Secretos Lucía Freitas Luigi Ludus Luz Fandiño Luz Poética Mag Edgard mago Mago Teto malabares María Magán Lampón María Pita Martín Códax Matarile Teatro Matogrande MEGA Mercado da Estrela Mercado das Nubes Mercado de Abastos Mercado de San Agustín Mercado Galego da Creatividade MICE Milladoiro Moda momentos alhambra Mon Band monicreques monólogo Monte do Gozo Morriña Fest Morriña Festival Mostrart Muelle de Batería muller Multicines Compostela Multiusos Fontes do Sar Museo Casa de la Troya Museo Centro Gaiás Museo da Maxia Museo das Peregrinacións Museo do Pobo Galego música música contemporánea musical Nadal narración oral Negreira NH Collection NH Collection Santiago Nick Moss Band Noia Noia Harp Fest Noite Bohemia Noite do Patrimonio Noites do Porto noitiNHas Numax O Lagoeiro o Teatro Principal obradoiro obradoiros Orgullo 2022 Ortiga Os Catro Gatos Ourense Outono Códax Outono Códax Festival Pablo Milanés Padrón Palacio da Ópera A Coruña Parque de Bonaval Parque de Santa Margarita patrimonio Pazo da Peregrina película Pencil & Fork performance piano Picadillo Picasso pintura Plataforma poesía Poetas Di(n)versos Praterías Praza 8 de Marzo Praza da Inmaculada Praza da Quintana Praza de Mazarelos Praza de Mª Pita presentación Prima23 Queen queixo Quintana Raniero Fernández Rebel Wine Fest Redrum Teatro restaurante Restaurante Casa Barqueiro Revera Vinum Riquela Riquela Club Roberto Verino rock Rosalía de Castro Rúa do Vilar rural rural galego rutas Ruxe Ruxe S8 Sala Capitol sala casablanca Sala eMe Music Club Sala Garufa Sala Malatesta Sala Mardi Gras sala rique Sala Riquela Sala Sónar Salón Teatro San Lázaro San Martín Pinario San Martiño Pinario San Pedro San Simón San Xoán Santiago Santiago(é)Tapas Satiago(é)Cóctel Sede Afundación da Coruña SELIC Sergio Dalma Sés SGAE showcooking Sigüeiro Soho Orzán solidario SolporSon swing Tanxugueiras tapas tatuaxes teatro Teatro Colón Teatro Principal Teatro Rosalía de Castro Teo turismo turismo sostible uñas usc Vedra Vibra Mahou viño viños Voadora WOS festival Xabier Díaz Xacobeo Xela Arias Xira xornalismo Xoves de Códax Zahara Zona C
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou no Teatro Colón o ciclo ‘As mellores películas da historia’, que traerá á cidade a proxección en versión orixinal con subtítulos e en formato de 35 milímetros de seis dos considerados mellores filmes da historia pola prestixiosa publicación británica Sight & Sound. A rexedora estivo acompañada por Javier Trigales, coordinador do ciclo.
“Seguro que moitos coruñeses e coruñesas lembran este espazo como unha gran sala de cine e desde o Concello da Coruña quixemos devolverlles ese recordo e que mellor que coas consideradas mellores películas de todos os tempos”, sinalou a alcaldesa. Ademais da proxección de seis películas entre xaneiro e xuño, haberá un coloquio posterior con recoñecidas personalidades do eido cultural, cinematográfico, xornalístico, académico ou co propio autor da obra.
“Un ano máis, continuamos enriquecendo a programación deste Teatro Colón, enchéndoo de variedade e calidade. A cidadanía non só poderá ver ou revisionar grandes clásicos, senón que tamén poderá analizalos da man de grandes expertos e expertas”, apuntou a alcaldesa.
O ciclo comezará con ‘El apartamento’, de Billy Wilder, o 11 de xaneiro, contando coa escritora e cineasta Elvira Lindo como convidada especial. O 15 de febreiro será a quenda de ‘Al final de la escapada’, un dos grandes filmes da “nouvelle vague” francesa, obra de Jean-Luc Godard. Estará presente o cineasta, profesor e escritor especializado no director francés Paulino Viota como convidado. No 2022 Viota publicou o libro ‘Jean-Luc Godard. 60 años insumiso’.
O 14 de marzo chegará ao Colón a terceira mellor película da historia segundo o ránking de Sight & Sound: ‘Ciudadano Kane’, de Orson Welles. Estará presente outro experto do creador da película, neste caso co director da Filmoteca de Catalunya, Esteve Riambau.
O 11 de abril será a quenda de ‘El piano’, de Jane Campion. A convidada neste caso será Jaione Camborda, cineasta que acaba de facer historia no festival de San Sebastián, onde gañou a Cuncha de Ouro por ‘O Corno’, película gravada en galego. “Camborda converteuse na primeira muller en conseguir este galardón e será unha honra a súa presenza neste ciclo, pois aínda que cada vez as mulleres teñen máis espazo no ámbito creativo, continúa habendo grandes diferenzas de xénero na industria cinematográfica”, apuntou Inés Rey.
O 23 de maio proxectarase a gran película do suspense: ‘Psicosis’, de Alfred Hitchcock. O convidado especial será Paco Plaza, autor dalgunhas das grandes obras nacionais de terror do século XXI. Por último, pecharase o ciclo de xeito moi especial, con ‘El espíritu de la colmena’, de Víctor Erice o 13 de xuño. Para a clausura está previsto contar co propio cineasta ou coa actriz Ana Torrent.