- Categories
-
Tags
a baña A banda da Loba A Corula A Coruña A Estrada A Pobra do Caramiñal aCentral Folque Acrobacias actividades Afundación Agolada Alameda Ames Apóstolo Apóstolo 2022 Area Central arpa arte arte urbana Artes vivas artesanía Artesanía de Galicia Arzúa Ascensión Asociación Hostelería Compostela Atardecer no Gaiás Atlantic Pride Atlántica Auditorio Abanca Auditorio de Galicia Auditorio do Centro Sociocultural Ágora Auditorio do Fórum Metropolitano Ballet Banquete de Conxo Benéfico Bertamiráns Biblioteca de Galicia Biblioteca provincial da Coruña Biblioteca Pública Ánxel Casal Biduído BLUE espazo de creación Boqueixón Boucatise Boyanka Kostova Brión Café Derby caldo de gloria Camiño de Santiago Campus Sur Cans carreira Casa da Troia Casa da Trova Casa das Crechas Casa do Cabido Casa Museo Casares Quiroga Castelao CDG Cemiterio de Bonaval Centro Cívico do Ensanche Centro Cultural Fernando Casas de Novoa Centro Don Bosco Centro Dramático Galego Centro Social ABANCA Centro Sociocultural Ágora centros socioculturais cervexa CGAC Chévere Ciclo de Lied Cidade da Cultura cinema cinema galego Cinenterraza Cineuropa circo Ciudad Deportiva de Riazor Coliseum comercio comercio local Compostela Compostela Ilustrada Compostela swing concerto concertos concierto concurso Concurso Tapas Picadillo Conxo Couso Cristina Pato cultura cultura popular cultura urbana curtametraxe Curtocircuíto Danza debate debuxo Delas Fest Deluxe Día da Música Día das Letras Galegas Día de Rosalía Día dos medios en galego Día Internacional dos Museos dj Dospasos eMe Music Club Entroido Espectáculo Estrelas Michelin Estrella Galicia ExpoCoruña exposición Facultade de Xeografía e Historia Feira do libro Feito a Man feminismo festa Festa da Filloa festa da uña Festa do Apego Festa do Banquete Festa do Queixo Festas da Ascensión Festas da Madalena Festas da Peregrina Festas de María Pita Festigual festival Festival +QJazz Festival Amal Festival Atlántica Festival C Figueiras filloa Fonseca formación Fórum Metropolitano fotografía fotoxornalismo Fundación Granell Fundación Luis Seoane Fundación SGAE Galego Galicia Galicia en Copas Galicia Escena Pro Galicia Forum Gastronómico Galicreques Garufa Club gastronomía Grande Amore Hall Proa de Palexco Hens hostalaría hostelería Humor igualdade Ilusionismo ilustración inauguración itaca jazz Jazz Filloa Kirk Fletcher La Bien Querida Lacónicas lamprea Lavacolla Leo Harlem lestedo Libraría Couceiro libro Liceo de Noia literatura Lorca Los Secretos Lucía Freitas Luigi Ludus Mag Edgard mago Mago Teto malabares María Magán Lampón Matarile Teatro Matogrande MEGA Mercado das Nubes Mercado de San Agustín Mercado Galego da Creatividade MICE Milladoiro Moda Mon Band monicreques monólogo Monte do Gozo Morriña Fest Muelle de Batería muller Multicines Compostela Multiusos Fontes do Sar Museo Casa de la Troya Museo Centro Gaiás Museo da Maxia Museo das Peregrinacións Museo do Pobo Galego música música contemporánea musical Nadal narración oral Negreira NH Collection Nick Moss Band Noia Noia Harp Fest Noite Bohemia Noites do Porto Numax O Lagoeiro o Teatro Principal obradoiro obradoiros Orgullo 2022 Ortiga Os Catro Gatos Outono Códax Festival Pablo Milanés Padrón Palacio da Ópera A Coruña Parque de Bonaval Parque de Santa Margarita patrimonio Pazo da Peregrina película Pencil & Fork performance piano Picasso pintura Plataforma poesía Praterías Praza 8 de Marzo Praza da Inmaculada Praza da Quintana Praza de Mazarelos Praza de Mª Pita presentación Prima23 Queen queixo Quintana Raniero Fernández Redrum Teatro restaurante Restaurante Casa Barqueiro Revera Vinum Riquela Riquela Club Roberto Verino rock Rosalía de Castro Rúa do Vilar rural rural galego rutas Ruxe Ruxe S8 Sala Capitol sala casablanca Sala eMe Music Club Sala Garufa Sala Malatesta Sala Mardi Gras sala rique Sala Riquela Sala Sónar Salón Teatro San Lázaro San Martín Pinario San Martiño Pinario San Pedro San Simón San Xoán Santiago Santiago(é)Tapas Satiago(é)Cóctel Sede Afundación da Coruña SELIC Sergio Dalma Sés SGAE Sigüeiro Soho Orzán solidario SolporSon swing tapas tatuaxes teatro Teatro Colón Teatro Principal Teatro Rosalía de Castro Teo turismo turismo sostible uñas usc Vedra viño viños Voadora WOS festival Xabier Díaz Xacobeo Xela Arias Xira Zahara Zona C
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, os directores do Festival, Mónica Maneiro, Iñaki Antelo e David Barro e o artista Antón Reixa, presentaron a cuarta edición de Plataforma, o Festival de artes performativas de Santiago que terá lugar entre o 7 e o 15 de xuño, cunha proposta multidisciplinar que aposta pola igualdade, o desenvolvemento sustentable e a posta en valor dos espazos da cidade.
Organizado pola Cooperativa Performa co apoio do Concello de Santiago, o Festival Plataforma convértese un ano máis nunha cita anual ineludible para os amantes da cultura e as artes. Achegando diversos públicos coa súa proposta interdisciplinar, o festival dinamizará as rúas e prazas da cidade, como o Cruceiro de San Pedro, as prazas do Obradoiro e a Quintana e os parques de Bonaval e de Belvís, ademáis dos espazos de Fundación DIDAC, a sede de SGAE Sociedad General de Autores e Editores, a Fundación Eugenio Granell, a sala Riquela ou o CGAC, con performances, música, danza, propostas escénicas, encontros, talleres, conferencias performativas e arte contemporánea.
A concelleira Mercedes Rosón salientou “a simbiose entre cidade e arte” como “unha das claves do éxito do festival”, xa que tamén é unha cita “comprometida co urbanismo e a riqueza patrimonial material e inmaterial”, así como coa “diversidade, a igualdade, cunha gran tradición á que se suma a innovación cultural”. Rosón convidou “a todas as veciñas e veciños a ser partícipes desta gran aposta performativa, na que Santiago será, unha vez máis un gran escenario cultural”.
Antón Reixa e a BMS
O popular artista Antón Reixa será o encargado de abrir esta edición do festival en colaboración coa Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela dirixida nesta ocasión por Casiano Mouriño, na tarde do xoves 8 de xuño coa súa performance Un só familiar por paciente (e non viceversa), realizada ex profeso para Plataforma.
Un día antes, o mércores 7, comezarán as actividades na Fundación DIDAC con un taller de performance a cargo da artista Ana Gesto, que se suma a outras propostas educativas como o taller para os máis pequenos dirixido por Alba Cacheda ou o Foro de economía circular en colaboración con Signus Ecovalor e a EASD Mestre Mateo, no Parque de Belvís.
O festival organizado por Cooperativa Performa caracterízase pola deslocalización de espazos, polo que disfrutaremos da súa ampla oferta en múltiples escenarios: no Parque de Bonaval, Olga Cameselle e Alfredo Rodríguez presentarán Cando marche non vou pechala porta, un espectáculo de danza; e na sede de SGAE, a bailarina e coreógrafa Olga Mesa ofrecerános Una mesa propia (Danza de manos), unha performance audiovisual. Estos son só algúns exemplos da variada oferta cultural que presenta Plataforma, e que se complementará coa exposición de Françoise Vanneraud no espazo da Fundación DIDAC. O festival clausuraráse este ano CGAC coas actuacións de Marc Vives e Cristina Balboa.
Grazas a súa natureza transversal, o Festival Plataforma intégrase á perfección coa programación cultural compostelá, así coma na rede galega de institucións públicas e privadas: o CGAC, a Fundación Eugenio Granell e a EASD Mestre Mateo son algunhas das entidades que colaboran nesta cuarta edición. Plataforma aposta polo talento local e as mulleres artistas, facendo da cultura o eixe integrador do patrimonio compostelá coa inclusión, a accesibilidade e a sustentabilidade como desafíos para esta edición.