fbpx

Axenda

Ago
1
Lun
Festival C
Ago 1 – Ago 31 all-day

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, presentaron na Casa do Concello o Festival C, xunto ao deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto. O Festival C é o evento que vén celebrando nos últimos anos Compostela Cultura, a través do Auditorio de Galicia, para ofrecer unha programación variada e para todos os públicos ao longo do mes de agosto na cidade, maioritariamente na rúa. Todas as actividades serán de balde e van desde as artes escénicas e visuais ata a música, pasando polas letras con contos e poesía.

Luns de danza, martes de música e contos e mércores de circo e poesía
Os luns haberá danza no Cemiterio de Bonaval, sempre ás 20 h. O día 1 será o turno de ‘Emerxe’ de Galicia Danza Contemporánea que previamente, pola mañá, ofrecerán tres obradoiros dirixidos a distintos públicos, para continuar o día 8 con ‘Meeting Point’ de Ertza, dentro do ciclo Danza a Escena. O luns 22 chega Elvi Balboa co seu ‘Nasenda’ e pecharase a programación de danza o día 29 con Vacaburra e a Ukestra do Medio que presentan ‘Extravíos’.

Os martes haberá música: o día 2 ás 20 h co ‘Tierra y LIbertad’ de Wilson Saliwonczyk na Alameda e o día 30, tres eventos (unha conferencia, un concerto e unha sesión DJ) arredor da clausura de Cardinais, a Academia de Vertixe Sonora 2022, ao longo da tarde e en diferentes espazos da cidade.

E os martes tamén serán os días dos Contos no Parque, unha proposta do departamento de Lingua do Concello de Santiago dirixida aos e ás máis pequenas da casa. A cita será cada semana ás 18 h na zona dos arcos do parque de Bonaval e alí poderemos gozar o día 2 con Teatro Ghazafelhos e ‘A caixa sen Pandora’, o 9 coa ‘Roupa tendida’ de Xarope Tulú, o 16 con ‘Coser e cantar’ de Marta Ortiz, o 23 con A xanela do Maxín e o seu ‘Lúa quere viaxar a Marte’ para pechar o ciclo o día 30 con ‘Terra’ de Xogos Miudiño e ‘Orella pendella’ de Bea Campos.

Dentro das artes escénicas, ademais da danza, haberá unha ampla proposta de circo que terá lugar os mércores. Todos os eventos serán ás 20.00 h e na praza da Quintana agás o primeiro, ‘Pelat’ de Joan Catalá que será en Bonaval, xunto ao CGAC, o día 4. Os outros serán o 11 ‘Poi’ da Compañía d’es Tro, o 18 ‘MLM (Mentir lo Mínimo)’ de Alta Gama e o 25 ‘Kaldi’ de Al Grano. Ademais, haberá como xa é habitual ‘Circo no parque’, os obradoiros de circo para nenos e nenas de 3 a 14 anos con Circonove. Serán no Centro Xove da Almáciga, tamén os mércores pero de 11.30 a 13.30 h e haberá que inscribirse previamente en circonoveoficina@gmail.com.

Os mércores non só serán o día do circo, senón tamén da poesía coa proposta ‘Os fíos, as sementes’ que ofrecerá diversas voces ás 20.00 h no parque da Alameda, xunto á estatua de Lorca. O día 10 Alicia Fernández e Berta Dávila presentan ‘Poemas novos e vellos para un día de verán’, o 17 estará Jesús Castro Yáñez con ‘Seguir un rastro’, o 24 Isaac Xubín con ‘Non todo será silencio’ e rematará o 31 con Cinta Adhesiva.

Xogos e exposicións completan a proposta
As actividades do Festival C complétanse co Territorio Xogantín para a rapazada de 6 a 10 anos que ten unha cita para divertirse coa lingua galega como fío condutor todos os días do 1 de agosto ao 2 de setembro na praza 8 de marzo de 11.30 a 13.30 h. Trátase dun tempo de socialización a través do xogo e o patrimonio lingüístico vinculado a el, no que a cativada interaccione nun ambiente en que o galego é a lingua de referencia e se apropie do espazo público. Acolleranse participantes por orde de chegada ata completar o máximo de 20 e en caso de choiva será no CSC da Caramoniña.

En agosto tamén se poderán seguir visitando as dúas intervencións de Artes Visuais que ten abertas neste momento Compostela Cultura. No Auditorio de Galicia, ‘Sons improbábeis’, comisariada por Iñaki Martínez Antelo e na que podemos ver a proposta de 15 artistas que traballan co musical como tema dende disciplinas máis tradicionais da práctica artística como a pintura ou a escultura explorando as diferentes dimensións do son dentro das artes visuais. Do 15 ao 28 de agosto e as tardes dos domingos, o Auditorio estará pechado. O resto de días pode visitarse de 10 a 14 e de 16 a 20 h.

Na Zona C está ‘El jarrón infinito’, intervención que Mar Ramón Soriano (Valencia, 1993) contextualiza na investigación procesual e teórica que vén desenvolvendo ao situar a materialidade das cousas no seu centro de interese. Estará aberta de martes a sábado de 11 h a 14 (agás festivos).

PROGRAMA COMPLETO

Out
7
Ven
Inventio
Out 7 all-day

Ilusionismo, levitacións, equilibrios, malabares, números aéreos, animación audiovisual, composicións de música tradicional galega fundidas con sons electrónicos… Todo isto e moito máis é Inventio, un novo espectáculo de gran formato inspirado no Camiño de Santiago que o vindeiro outono-inverno tomará os nosos escenarios. Inventio é unha creación para público familiar que reborda humor, misterio e fantasía, na que conviven a comedia e o drama, a danza, o ilusionismo e as artes circenses; unha experiencia sensorial a un ritmo vertixinoso e con ecos do cinema futurista de Stanley Kubrick, Ridley Scott ou Denis Villeneuve, que non é máis ca “unha viaxe cara a todo iso que nos fai humanos: a nosa capacidade de sentir”.

Cunha atmosfera máxica e unha posta en escena vangardista, Inventio recupera a paisaxe, os costumes, a música, a arte ou a arquitectura de Galicia nun espectáculo delicado e cegador, de busca e descubrimento. Inventio é un camiño de regreso á sensibilidade a partir da tradición e a modernidade. Baixo a dirección creativa do mago Martín Varela, trátase dunha iniciativa da promotora galega Thinking Up Events, Xunta de Galicia (a través do programa Xacobeo 21-22) e Fundación “la Caixa”, co apoio de Sargadelos, que visitará un total de 15 escenarios de Galicia, España e Portugal de setembro de 2022 a xaneiro de 2023. 

A historia

Ano 2094. O noso mundo é branco, aséptico, limpo, ordenado. O noso universo é frío e tan impersoal coma o quirófano dun hospital. Deixamos de sentir e de comunicarnos. Aterramos no futuro, si, pero perdemos a memoria e a emoción. Galicia. Último ano Xacobeo deste século XXI. Unha troupe formada por un ilusionista, seis bailaríns e sete artistas de circo comproban que xa non existe o Camiño de Santiago, xa ninguén o lembra. Non quedan peregrinos nin un camiño que percorrer xuntos. Tampouco a auga ou a chuvia, o son das gaitas, o verde dos campos ou a pegada do mar na area. Nin rastro nin lembranza ningunha.

Que era todo aquilo? Onde quedaron a viaxe, a busca e o descubrimento? Onde liscou a sensibilidade? Velaquí as preguntas que van guiar a esa troupe circense, que teima nunha misión: reconstruír a súa identidade cultural. Sobre as táboas, os artistas vense envoltos nunha aventura sen igual. O pasado tócaos maxicamente e unha forza sobrenatural transformaraos.

Equipo

Con dirección do novo ilusionista galego Martín Varela e dramaturxia de José L. Prieto, o equipo creativo e artístico de Inventio está formado por máis de 40 persoas, entre elas seis bailaríns e sete artistas circenses e mais o propio Varela, que exercerá de guía do espectáculo. Á fronte da dirección artística, Suso Montero, recoñecido escenógrafo cunha dilatada traxectoria en teatro e televisión. Na dirección de maxia, dous destacados ilusionistas españois -Fani Triana e Martín Camiña- e na de circo, Jorge Miquel, un estudoso cunha longa traxectoria na posta en marcha de proxectos circenses. Na dirección musical, José Trincado ‘Triki’, produtor e técnico que traballou con grupos como Milladoiro ou compañías como a Fura dels Baus. Á fronte do ballet e as coreografías, Mercedes Suárez; Alberto Casas no deseño de iluminación e Conchi Silvent na dirección de vestiario.

Out
8
Sáb
Inventio
Out 8 all-day

TRC danza: Ina
Out 8 @ 8:30 p.m.

Ina é un espectáculo que pon o foco no concepto da luz, esa luz que non vemos pero que brilla con intesidade dentro de nós. Unha viaxe que nos convida a mirar ao ceo e ás estrelas que o compoñen, na busca de facernos sentir a conexión coa esencia, con ese foco de luz que nos alimenta e nos fai iguais. Sobre o escenario, Paloma e Daniel, dous corpos e a luz.

Vivimos a noite en caída libre cara ás estrelas. O planeta perdeu a gravidade e subímonos a esa estrela que acaba de pasar. Desaparecemos mentres soan as súas risas de lonxe. Un estalido de luz conéctanos cos nosos soños.

Somos po de estrelas

Ina é a colaboración desexada entre Paloma Hurtado e Daniel Morales, que tras anos cruzándose as súas traxectorias, finalmente atopan o espazo-tempo para coincidir e compartir viaxe. Ambos os intérpretes comparten unha linguaxe de danza contemporánea que vai máis alá da forma, atendendo ao contido, á mensaxe e á relación da creación escénica coas audiencias.

Out
9
Dom
Inventio
Out 9 all-day

Ilusionismo, levitacións, equilibrios, malabares, números aéreos, animación audiovisual, composicións de música tradicional galega fundidas con sons electrónicos… Todo isto e moito máis é Inventio, un novo espectáculo de gran formato inspirado no Camiño de Santiago que o vindeiro outono-inverno tomará os nosos escenarios. Inventio é unha creación para público familiar que reborda humor, misterio e fantasía, na que conviven a comedia e o drama, a danza, o ilusionismo e as artes circenses; unha experiencia sensorial a un ritmo vertixinoso e con ecos do cinema futurista de Stanley Kubrick, Ridley Scott ou Denis Villeneuve, que non é máis ca “unha viaxe cara a todo iso que nos fai humanos: a nosa capacidade de sentir”.

Cunha atmosfera máxica e unha posta en escena vangardista, Inventio recupera a paisaxe, os costumes, a música, a arte ou a arquitectura de Galicia nun espectáculo delicado e cegador, de busca e descubrimento. Inventio é un camiño de regreso á sensibilidade a partir da tradición e a modernidade. Baixo a dirección creativa do mago Martín Varela, trátase dunha iniciativa da promotora galega Thinking Up Events, Xunta de Galicia (a través do programa Xacobeo 21-22) e Fundación “la Caixa”, co apoio de Sargadelos, que visitará un total de 15 escenarios de Galicia, España e Portugal de setembro de 2022 a xaneiro de 2023. 

A historia

Ano 2094. O noso mundo é branco, aséptico, limpo, ordenado. O noso universo é frío e tan impersoal coma o quirófano dun hospital. Deixamos de sentir e de comunicarnos. Aterramos no futuro, si, pero perdemos a memoria e a emoción. Galicia. Último ano Xacobeo deste século XXI. Unha troupe formada por un ilusionista, seis bailaríns e sete artistas de circo comproban que xa non existe o Camiño de Santiago, xa ninguén o lembra. Non quedan peregrinos nin un camiño que percorrer xuntos. Tampouco a auga ou a chuvia, o son das gaitas, o verde dos campos ou a pegada do mar na area. Nin rastro nin lembranza ningunha.

Que era todo aquilo? Onde quedaron a viaxe, a busca e o descubrimento? Onde liscou a sensibilidade? Velaquí as preguntas que van guiar a esa troupe circense, que teima nunha misión: reconstruír a súa identidade cultural. Sobre as táboas, os artistas vense envoltos nunha aventura sen igual. O pasado tócaos maxicamente e unha forza sobrenatural transformaraos.

Equipo

Con dirección do novo ilusionista galego Martín Varela e dramaturxia de José L. Prieto, o equipo creativo e artístico de Inventio está formado por máis de 40 persoas, entre elas seis bailaríns e sete artistas circenses e mais o propio Varela, que exercerá de guía do espectáculo. Á fronte da dirección artística, Suso Montero, recoñecido escenógrafo cunha dilatada traxectoria en teatro e televisión. Na dirección de maxia, dous destacados ilusionistas españois -Fani Triana e Martín Camiña- e na de circo, Jorge Miquel, un estudoso cunha longa traxectoria na posta en marcha de proxectos circenses. Na dirección musical, José Trincado ‘Triki’, produtor e técnico que traballou con grupos como Milladoiro ou compañías como a Fura dels Baus. Á fronte do ballet e as coreografías, Mercedes Suárez; Alberto Casas no deseño de iluminación e Conchi Silvent na dirección de vestiario.

Out
29
Sáb
TRC danza: A muerte
Out 29 @ 8:30 p.m.

A muerte como lema.

A muerte como forma de vida.

Así cremos que ten que ser unha obra, así ten que ser representada, a muerte.

A muerte é unha explosión de situacións; a peza plásmase coma un vómito, como un xogo macabro onde o descanso ou a dúbida non valen, morres.

Greta García e Laura Morales son dende 2013, as Hermanas Gestring. Fillas do século XXI, a ironía, a espontaneidade, a macarrería e o cambio constante forman parte intríseca da súa identidade. Artistas multidisciplinares presentan os seus traballos en formato video-creación, performance, concertos ou danza misturada con outras disciplinas artísticas.