A Coruña será unha das sedes, xunto a Málaga, Barcelona, Madrid e Bilbao, da conmemoración do 50 aniversario do falecemento de Pablo Ruiz Picasso.
Picasso viviu na Coruña entre 1891 e 1895, dos 9 aos 13 anos. Esta foi unha estadía clave na súa formación como artista, xa que desta época datan as súas primeiras pinturas e as súas primeiras exposicións. Os actos procuran non só reivindicar a cidade como eixo da influencia na arte de Picasso, senón poñer o foco na importancia da educación nas artes a temperá idade.
A ‘Celebración Picasso 1973-2023’ contará con máis de 30 actividades ao longo do ano na Coruña. A programación está formada por exposicións, conferencias, congresos e actividades para todas as idades, que se desenvolverán de febreiro a decembro na cidade. Un dos actos principais será a exposición ‘Picasso branco no recordo azul’, que se poderá visitar no Museo de Belas Artes de marzo a xuño e que promoven o Concello e a Xunta de Galicia. O Quiosco Alfonso tamén será unha das sedes desta homenaxe coa mostra ‘En pretérito seguinte’, na que os artistas contemporáneos da cidade amosarán a súa inspiración na paisaxe e na vida na Coruña de hoxe.
Outro dos escenarios centrais será a Casa Museo Picasso, na que o Concello executará este ano traballos de reforma dun dos andares. Alí haberá tres actividades repartidas ao longo do ano. Por unha banda, a exposición ‘Abrindo a nosa colección’, que se dividirá en tres etapas (de decembro a xaneiro, de febreiro a abril e de agosto a outubro) e amosará documentos e obras que forman parte da colección e arquivo municipal e fondos da biblioteca da Asociación Pablo Picasso relativos á súa etapa coruñesa.
A partir do 28 de abril e no contexto da programación do Encontro Mundial de Humoristas 2023, levarase a cabo a mostra ‘O Guernika, unha viñeta universal – Humor na escuridade’.
Por último, a exposición ‘A miña casa’ estará dispoñible de outubro a decembro e amosará o traballo de ilustradores de Coruña Gráfica en homenaxe a Pablo Picasso.
Por outra banda, a Fundación Luís Seoane realizará dúas importantes actividades do programa. En abril, o terceiro Congreso Internacional de Arte e Educación centrará a súa edición deste ano no artista. Entre outras cuestións, analizaranse os eixos temáticos que o vinculan á arte española e as ferramentas da súa creación que son útiles para a educación artística. Haberá tamén na Luís Seoane o ciclo de conferencias ‘Protagonistas’, no que se falará de musas, amantes, modelos e investigadoras arredor do universo de Picasso. Será unha sesión ao mes de febreiro a outubro e o seu obxectivo será amosar o papel fundamental da muller na obra do artista.
Outra exposición en homenaxe a Picasso será ‘Pablo Ruiz en mi’, de abril a maio en Palexco, do artista cubano Nelson Villalobo.
A programación complétase con actividades didácticas para todas as idades, o impulso e a visibilidade da creación contemporánea na cidade a través dun Festival Internacional de Muralismo ou unha curtametraxe sobre a ‘Torre de Caramelo’, denominación que empregaba Picasso para describir a Torre de Hércules.
Ainé Producións presentou no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela o seu novo espectáculo Códice K. A obra de teatro é unha comedia que narra a historia extraoficial do roubo do prezado Códice Calixtino, exposto no Catedral de Santiago, a través das mulleres que a circunvalaron para contrarrestar unha historia real na que non hai máis ca homes: o electricista, o deán, o xuíz, os curas, e mesmo o arcebispo.
Códice K conta con dramaturxia de Manuel Cortés e a dirección de Tito Asorey e Noemi Rodríguez. Sobre o escenario, Lucía Veiga, Marita Martínez, Graciela Carlos e Patricia Castrillón meteranse na pel das múltiples personaxes femininas para descubrirlle ao público unha historia con diferentes puntos de vista. As catro actrices estarán acompañadas en escena pola dj e produtora Russ, quen se encargará da música e ambientación en directo.
O director, Tito Asorey, destacou a importancia de facer un teatro apegado á realidade no que a sociedade se poida ver reflectida. O roubo do códice tivo para o director ourensán moitos dos matices que nos definen como sociedade. Pola súa banda, Manuel Cortés, comentou a importancia de atopar comedia na vida e que ese ano que pasou desde a desaparición do Códice Calixtino até a súa recuperación estivo chea de comedia, achegándonos a un universo case berlanguiano.
Lucía Veiga, unha das protagonistas desta peza, incidiu na importancia das actrices no proceso de creación deste espectáculo, no que os textos configuráronse logo duns procesos previos de ensaios e improvisacións. O director do Auditorio de Santiago, Xaquín López, destacou a importancia de estrear en Santiago un espectáculo das características de Códice K, no marco da programación teatral desta temporada, facéndoo ademais no “teatro máis próximo á Catedral de Santiago”.
A nova produción de Ainé conta coa axuda da Axencia Galega das Industrias Culturais a través do seu programa de Subvencións á Creación Escénica. Jacobo Sutil, director da Agadic, salientou que “o nacemento dun novo proxecto cultural sempre é unha gran noticia para Galicia”, recoñecendo tamén a importancia de que os teatros acollan os procesos de residencia previos ás creacións dos textos definitivos.
A peza de teatro estrearase o vindeiro 24 de marzo no Teatro Principal de Compostela, onde terá unha segunda función o sábado 25 de marzo. As entradas para os dous días xa están á venda en codicek.gal.
Sobre o espectáculo
En xullo de 2011 desaparece o Códice Calixtino. En xullo de 2012, xusto un ano despois, a policía recupera o libro, agochado nun garaxe. Que pasou en todo ese tempo? Investigacións, sospeitas, seguimentos, interrogatorios… Iso é Códice K: o que non se sabe porque nunca se contou. Códice K, o máis grande “true crime“ da historia de Galicia.