fbpx

Axenda

Mai
23
Xov
Ciclo ‘As mellores películas da historia’
Mai 23 @ 7:30 p.m. – 9:30 p.m.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou no Teatro Colón o ciclo ‘As mellores películas da historia’, que traerá á cidade a proxección en versión orixinal con subtítulos e en formato de 35 milímetros de seis dos considerados mellores filmes da historia pola prestixiosa publicación británica Sight & Sound. A rexedora estivo acompañada por Javier Trigales, coordinador do ciclo.

“Seguro que moitos coruñeses e coruñesas lembran este espazo como unha gran sala de cine e desde o Concello da Coruña quixemos devolverlles ese recordo e que mellor que coas consideradas mellores películas de todos os tempos”, sinalou a alcaldesa. Ademais da proxección de seis películas entre xaneiro e xuño, haberá un coloquio posterior con recoñecidas personalidades do eido cultural, cinematográfico, xornalístico, académico ou co propio autor da obra.

“Un ano máis, continuamos enriquecendo a programación deste Teatro Colón, enchéndoo de variedade e calidade. A cidadanía non só poderá ver ou revisionar grandes clásicos, senón que tamén poderá analizalos da man de grandes expertos e expertas”, apuntou a alcaldesa.

O ciclo comezará con ‘El apartamento’, de Billy Wilder, o 11 de xaneiro, contando coa escritora e cineasta Elvira Lindo como convidada especial. O 15 de febreiro será a quenda de ‘Al final de la escapada’, un dos grandes filmes da “nouvelle vague” francesa, obra de Jean-Luc Godard. Estará presente o cineasta, profesor e escritor especializado no director francés Paulino Viota como convidado. No 2022 Viota publicou o libro ‘Jean-Luc Godard. 60 años insumiso’.

O 14 de marzo chegará ao Colón a terceira mellor película da historia segundo o ránking de Sight & Sound: ‘Ciudadano Kane’, de Orson Welles. Estará presente outro experto do creador da película, neste caso co director da Filmoteca de Catalunya, Esteve Riambau.

O 11 de abril será a quenda de ‘El piano’, de Jane Campion. A convidada neste caso será Jaione Camborda, cineasta que acaba de facer historia no festival de San Sebastián, onde gañou a Cuncha de Ouro por ‘O Corno’, película gravada en galego. “Camborda converteuse na primeira muller en conseguir este galardón e será unha honra a súa presenza neste ciclo, pois aínda que cada vez as mulleres teñen máis espazo no ámbito creativo, continúa habendo grandes diferenzas de xénero na industria cinematográfica”, apuntou Inés Rey.

O 23 de maio proxectarase a gran película do suspense: ‘Psicosis’, de Alfred Hitchcock. O convidado especial será Paco Plaza, autor dalgunhas das grandes obras nacionais de terror do século XXI. Por último, pecharase o ciclo de xeito moi especial, con ‘El espíritu de la colmena’, de Víctor Erice o 13 de xuño. Para a clausura está previsto contar co propio cineasta ou coa actriz Ana Torrent.

Xuñ
13
Xov
Ciclo ‘As mellores películas da historia’
Xuñ 13 @ 7:30 p.m. – 9:30 p.m.