Jun
25
Jue
Festa da primavera
Jun 25 – Jun 28 todo el día

O Concello de Santiago organiza xunto as asociacións de comerciantes Comercio Punto Compostela, Compostela Monumental, Em-Rede e Fundación Santiago Centro, a Festa da Primavera 2020, que se celebrará nas rúas da cidade do 25 ao 28 de xuño para dinamizar ao comercio local.

Oct
28
Mié
MelonaFest V
Oct 28 – Nov 1 todo el día

A V edición do MelonaFest, festival de música e artes que se celebrará do 28 de outubro ao 1 de novembro en Santiago de Compostela, con 21 artistas en 7 espazos e moitas actividades paralelas.

Entre outros, poderemos gozar dos espectáculos de Califato 3/4, Triángulo de Amor Bizarro e Venga Monjas, así como Soto Asa, DJ Hater, Músculo, Laura LaMontagne & PicoAmperio e Horus.

May
14
Vie
Concerto de Bad Religion
May 14 a las 9:00 pm – 11:30 pm

Debido á situación actual polo COVID-19, o concerto de Bad Religion previsto para o 30 de maio queda aprazado para o venres 14 de maio de 2021. Todas as entradas adquiridas para a xira deste ano serán totalmente válidas para as datas axendadas para o vindeiro ano, pero aquelas persoas que queiran o reembolso da entrada poden escribir un correo electrónico a info@entradasatualcance.com ou dirixirse ao punto de venda físico no que a compraran.

Con motivo do 40+1 aniversario da banda máis querida de punk rock, Bad Religion emprenderá a xira máis longa nunca feita na Península, e estará acompañada por bandas que normalmente son cabezas de cartel das súas propias xiras.

Esta xira fará a súa única parada no noroeste peninsular en Santiago de Compostela, no Multiúsos do Sar, como xa estaba programado, e contará coas seguintes bandas convidadas: Suicidal Tendencies, Millencolin, Desakato, Blowfuse e Bastards on Parade. Cock Sparrer non poderán acudir nas novas datas sendo substituídos por Suicidal Tendencies. Tampouco poderá acudir Talco, que serán substituídos polos suecos Millencolin.