Dic
12
mié
Nadal en Compostela
Dic 12 2018 – Ene 7 2019 todo el día

Compostela aposta neste Nadal por unhas festas espalladas por todo o municipio e que tratan de recuperar tradicións como os cantos ou a figura do Apalpador. Así, o programa que presentou o Concello inclúe máis de medio centro de actividades. Entre elas, inclúense a pista de xeo da Alameda, o belén artesanal de San Fiz ou o Mercado de Carreira do Conde, que xa están en funcionamento desde hai uns días.

Dende onte e ata o 4 de xaneiro, o Apalpador – o vello carboeiro que cada 24 de decembro baixa dos montes do Courel para agasallar ás nenas e nenos con castañas e bos desexos – visitará a rede de centros cívicos, levando con el diferentes actividades como obradoiros, títeres, música e teatro. Serán máis dunha trintena da visitas do Apalpador, posibles grazas á compañía teatral Cachirulo, a Talía Teatro e á Xanela do Maxín. Neste último caso, a actividade desenvólvese en compañía da Escola Semente, que o 21 de decembro organiza tamén a Ruada do Apalpador. Trátase dun desfile que partirá da rúa de Santa Clara para chegar ata a praza de Cervantes, e no que o carboeiro irá acompañado de música, animación de rúa ou malabares.

Cabalgata de Reis
Tampouco os Reis Magos faltarán á súa cita coas nenas e nenos de Compostela. Este ano, a gran cabalgata do 5 de xaneiro levará por lema “A viaxe das marabillas”, e nela Melchor, Gaspar e Baltasar faranse acompañar por Alicia e por algúns dos personaxes que comparten con ela “o país das marabillas”, como o sombreireiro tolo, o coello ou a raíña de corazóns. A deste Nadal volverá ser unha Cabalgata participada, para a que precisarán unhas 200 persoas voluntarias que se sumen ás agrupacións artísticas.

Ata o próximo 21 de decembro, as persoas interesadas en sumarse a algún combo deben inscribirse chamando ao teléfono do equipo de coordinación da Cabalgata (604 062 506), en horario de 09:30 a 14:30 horas. O mesmo teléfono está habilitado para inscribirse para participar no sorteo no que se seleccionarán os paxes dos Reis Magos, que deben ser nenos e nenas de entre 12 e 16 anos. Hai nove prazas vacantes, e o sorteo realizarase o 26 de decembro no Teatro Principal. Por último, volveranse ofertar 120 prazas para percorrer a Cabalgata nos trens turísticos que acompañarán as carrozas. A inscrición faise no mesmo número de teléfono e as persoas menores de 12 anos deberán ir acompañadas por unha persoa adulta.

Celebración de Fin de Ano
A tradicional festa da praza do Obradoiro, que comezará ás 23:15 horas, correrá a cargo do grupo The Agapornis. Como é habitual, repartiranse uvas e bolsas de cotillón para as mil persoas que primeiro cheguen á praza. Na mesma noite, pero a partir da 1 da madrugada, está previsto outro concerto na praza de Cervantes, a cargo de DJ Mil, que presentará o seu proxecto Phonorama.

Ademais, están previstas varias festas para que toda a familia poida celebrar por adiantado o Fin de Ano. O 28 de decembro, o Teatro Principal acollerá unha festa específica para nenas e nenos de entre 18 meses e tres anos. O mesmo día, o Centro Cívico “Aurelio Aguirre” de Conxo acollerá a Festa Pequena de Fin de Ano, e o Centro Cívico “José Saramago” de Vite celebrará a chegada do novo ano con Dj Guille. Ademais, o Centro Cívico de Santa Marta será escenario doutra gran festa familiar, con merenda compartida, o sábado 29 de decembro.

Actividades musicais
Entre as propostas musicais incluídas na programación, celebrarase unha nova entrega do ciclo As Raíces na Pedra, coa participación das catro agrupacións tradicionais máis carismáticas de Santiago: Brincadeira, Ultreia, Cantigas e Agarimos e Colexiata de Sar. Haberá actuacións os días 23, 28, 29 e 30 de decembro no Centro Cívico de Santa Marta, no Teatro Principal e na praza do Toural. Ademais, nos primeiros días de xaneiro, o Concello organiza un programa de Cantos de Taberna en colaboración cos Muiñeiros do Sarela, que se desenvolverá na rede de centros cívicos. Serán obradoiros de canto e, ao remate, as persoas participantes percorrerán diversas tabernas de cada barrio para desfrutar da tradición popular.

Á marxe da música popular, na programación de Nadal terán protagonismo a Real Filharmonía de Galicia e a Banda Municipal de Música de Santiago. A primeira das formacións ofrecerá nos próximos días dúas actuacións no Auditorio, o concerto Música nas illas, o xoves 13; e o concerto de Nadal, o xoves 20; e unha terceira actuación no Teatro Principal: o concerto de Reis, o venres 4 de xaneiro. En canto á Banda Municipal, presentará o disco conmemorativo do seu 170 aniversario no Auditorio o próximo día 15 e ofrecerá un concerto especial de Reis o 6 de xaneiro no Teatro Principal. Por último, a Escola Municipal de Música celebrará o seu tradicional festival de Nadal o 21 de decembro, tamén no Principal.

Centros cívicos
A rede de centros cívicos tamén está a ofertar unha programación específica de Nadal, que se prolongará ata o cinco de xaneiro. Así, estanse a desenvolver diferentes obradoiros de temática relacionada coas festas, dende elaboración de adornos a panxoliñas, pasando pola confección de agasallos ou cociña propia destas datas. Este ano, a rede volve poñer en marcha o programa Agasallo Viaxeiro, xa consolidado no Nadal, que finalizará cunha gran festa no Centro Cívico do Romaño o 4 de xaneiro.

Dic
21
vie
Concertos necesarios @ Centros socio-sanitarios de Compostela
Dic 21 a las 11:00 am – 12:00 pm

O músico compostelán Xacobe Martínez Antelo arranca esta semana da man do seu trío o ciclo de Concertos Necesarios, unha serie de concertos que se realizarán en diferentes centros socio-sanitarios da cidade compostelá. Esta formación está integrada por Xosé Miguélez ao saxo tenor, Max Gómez á batería, e o propio Xacobe Martínez Antelo ao contrabaixo.

Nesta primeira fase realizaranse tres actuacións en tres centros que presentan un perfil de usuarios ben diferenciado. A primeira será o vindeiro 12 de decembro ás 11:00 horas no Hospital Psiquiátrico de Conxo. Aquí o grupo terá ademais o enorme pracer de compartir escenario con dous rapaces músicos usuarios deste Centro. Continuaremos o 21 de decembro ás 16:00 horas no Centro Sarela, onde o Trío amenizará o xantar de Nadal que por estas datas soen facer os usuarios e terapeutas do Centro. E remataremos esta primeira quenda de concertos o 25 de xaneiro ás 11:00 horas, na Residencia de maiores Volta do Castro.

Dic
27
jue
Outono Códax Festival @ Sala Capitol, Riquela, A Reixa - Matrioska Tenda
Dic 27 a las 9:00 pm – 11:00 pm

O Outono Códax Festival volverá o próximo 19 de outubro na que será a oitava edición do festival galego de música negra. E o fai, un ano máis, achegando a Galicia o mellor do xénero a través do seu formato habitual, un ciclo de cinco grandes concertos no que combinará os sons máis selectos do soul, o rythm&blues, o swing, o funk e o rock´n roll clásico. O festival –unha edición máis baixo o patrocinio de Martín Códax e coa colaboración de Pousadas de Compostela, así como a de case un cento de establecementos hostaleiros e comerciais–emprazará ás e aos seus fans os vindeiros 19 de outubro; 9, 10 e 24 de novembro; e 27 de decembro.

Programa:

  • THE TIBBS (AMSTERDAM) + THE RAD TRADS (NOVA YORK). 19 Outubro. Sala Capitol
  • LUKE WINSLOW KING (NOVA ORLEANS). 9 Novembro. Sala Riquela
  • MARTA REN & THE GROOVELVETS (O PORTO) + MAREN LADSON (GALICIA). 10 Novembro. Sala Capitol
  • NATTY CONGEROO & THE FLAMES OF RHYTHM (REINO UNIDO) + J.P. BIMENI & THE BLACK BELTS (BURUNDI). 24 Novembro.
  • ‘HOMENAXE A ARETHA FRANKLIN’. ARETHA SOUL DIVAS & THE SILVERBACKS. 27 Decembro.

Actividades paralelas

Como é habitual, o festival galego de música negra completará a súa proposta musical con distintas actividades paralelas polo que, fiel á súa filosofía, nesta edición inclúe na súa programación a expo TRASH , do debuxante e deseñador gráfico Roberto Argüelles. Na Reixa-Matrioska Tenda, do 2 ao 30 de novembro.

Ademais, no marco do Outono Códax tamén se celebrará unha pequena feira de discos que incluirá unha charla-coloquio, con nova sesión out sorpresa, así como unha exhibición de baile, a cargo  de Compostela Swing; todo, ao longo do sábado, 24 de novembro.

Entradas 

As entradas do Outono Códax 2018 terán un prezo de 20 euros (+gastos) en venda anticipada e 24 euros en taquilla, se ben o festival ofrece un abono para todos os concertos por 40 euros (+gastos, en venda anticipada en setembro) e 48 euros (+gastos, a partir do 1 de outubro). O público interesado en adquirir as súas entradas en venda anticipada poderá facelo xa en: A Reixa Tenda (Santiago), Honky Tonk e Discos Elepe (Vigo), Discos Portobello (A Coruña), Peggy Records (Ourense) e a través das plataformas electrónicas www.ataquilla.com, www.ticketea.com e www.salacapitol.com (as e os menores de idade poderán acceder ao ciclo acompañados dunha persoa adulta).

De igual xeito, e como nas súas anteriores edicións, o Outono Códax porá en circulación o denominado “Rock´nporte”, un “pasaporte” directo e gratuíto aos concertos para aquelas persoas que realicen consumicións ou compras nos case 100 establecementos hostaleiros e comerciais que colaboran co festival.

Ene
25
vie
Concertos necesarios @ Centros socio-sanitarios de Compostela
Ene 25 a las 11:00 am – 12:00 pm

O músico compostelán Xacobe Martínez Antelo arranca esta semana da man do seu trío o ciclo de Concertos Necesarios, unha serie de concertos que se realizarán en diferentes centros socio-sanitarios da cidade compostelá. Esta formación está integrada por Xosé Miguélez ao saxo tenor, Max Gómez á batería, e o propio Xacobe Martínez Antelo ao contrabaixo.

Nesta primeira fase realizaranse tres actuacións en tres centros que presentan un perfil de usuarios ben diferenciado. A primeira será o vindeiro 12 de decembro ás 11:00 horas no Hospital Psiquiátrico de Conxo. Aquí o grupo terá ademais o enorme pracer de compartir escenario con dous rapaces músicos usuarios deste Centro. Continuaremos o 21 de decembro ás 16:00 horas no Centro Sarela, onde o Trío amenizará o xantar de Nadal que por estas datas soen facer os usuarios e terapeutas do Centro. E remataremos esta primeira quenda de concertos o 25 de xaneiro ás 11:00 horas, na Residencia de maiores Volta do Castro.

Abr
4
jue
Concerto de Miss Caffeina @ Sala Malatesta
Abr 4 a las 9:00 pm – 11:30 pm

A banda Miss Caffeina será a protagonista da Xira Mahou 2019, un percorrido moi especial que terá a súa primeira parada galega en Santiago de Compostela o 4 de abril na Sala Malatesta.

Así, os madrileños presentarán en Galicia e outras 12 cidades de toda a xeografía española, o seu novo traballo de estudo ’Oh Long Johnson’, que sairá ao mercado a principios do ano que vén.

Os madrileños levan máis de dez anos sobre os escenarios e, co seu último traballo ” Detroit”,  Miss Caffeina pasou á primeira liña da escena indie pop-rock en España, chegando a un público máis masivo e converténdose en indispensable para os festivais máis importantes do país. Despois de máis de 100 concertos da súa exitosa #GiraDetroit que lles levou por todo o país, pecharon a súa xira con dúas sold outs na madrileña sala La Riviera. “ Merlí” é o título do primeiro single extraído do seu novo disco “Oh Long Johnson” que se publicará o próximo ano. “ Merlí” está inspirada na serie que leva o mesmo nome e trata cuestións vitais tan importantes e universais como o amor, a morte, o medo ao diferente ou a autoaceptación. Xa se pode ver o videoclip do tema en Youtube.