Jul
26
jue
TerraZeando 2018 @ Praza do Olvido, Xardín de Julia, NH Compostela, Hotel Costa Vella, Pazo de Amarante
Jul 26 a las 9:00 pm – 11:00 pm

A sétima edición de TerraZeando. Ciclo de concertos ao fresco celebrarase do 26 de xuño ao 26 de xullo. Trátase do ciclo estival da Asociación Desconcierto Cultural co que se pretende aproveitar lugares especiais que raramente son empregados na música en directo. Espazos que por si mesmos son capaces de amplificar as emocións e sensacións xa xeradas por un concerto. Terrazas, parques e espazos singulares de Compostela que polo seu magnetismo dan lugar a noites inesquecibles.

O ciclo volve neste 2018, na súa sétima tempada, cun bo feixe de propostas apaixonantes, xa que temos a retrosicodelia de Baywaves, a tensión dos portugueses Dear Telephone, o pop canónico de Exnovios, o sixtie progresivo de Los Reyes Magos, ou o espírito festivo de Alberto & García. E, por suposto, unha excelsa representación da terra co garaxe gamberro de Kings of The Beach e o folk de Helen & Shanna.

Todos os concertos serán ás 21:00 horas e con entrada de balde, ata completar aforo no caso dos que sexan en lugares pechados.

Desde o 26 de xuño ata o 26 de xullo, poderemos gozar do seguimte cartel:

26/06: Baywaves + Kings of The Beach (Praza do Olvido)

4/07: Dear Telephone (Xardín de Julia)

11/07: Los Reyes Magos (NH Compostela)

18/07: Exnovios (Hotel Costa Vella)

26/07: Alberto & García + Helen and Shanna (Xardín do Pazo de Amarante)