Sep
29
sáb
II Festival Rosalía @ Praza de Cervantes
Sep 29 a las 11:00 am – 9:00 pm

Baixo o lema “unha cultura con superpoderes”, a praza de Cervantes acolle, por segundo ano, o Festival Rosalía, organizado pola Deputación da Coruña e o Concello de Santiago. Haberá danza con Ánxela Blanco e Mónica de Nut, teatro e pasarrúas cos Quinquilláns, música para nenos e nenas con Uxía Senlle e actividades durante toda a xornada. Tamén se contará cun espazo de novidades coa presentación das últimas producións baseadas na autora e a súa obra e Vella Escola creará unha ilustración mural a grande escala realizada a spray. Pola tarde darán un obradoiro de rap en galego e farán unha reinterpretación urbana dos versos de Rosalía.

Consulta aquí o programa completo.