fbpx

Anúlase o programa do domingo da Festa do Banquete de Conxo por mor do mal tempo

Foto: Concello de Santiago.

O Concello de Santiago anunciou que debido ao mal tempo, algunhas das actividades do Banquete de Conxo que estaban previstas para o domingo 22 de maio pasen a realizarse o domingo 29, tanto os actos programados como a romaría popular.

O tren turístico que cobre o percorrido entre a Alameda e o barrio de Conxo tampouco prestará este servizo este domingo 22 de maio, aínda que se mantén o sábado.

O Mercado do Libro e da Artesanía e as actividades programadas na praza de Aurelio Aguirre manteranse ao longo da xornada do domingo, como estaba previsto.

Podes consultar todas as actividades previstas para estes días na nosa axenda.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.