fbpx
De librosEntrevistasGalicia

Anna R. Figueiredo, organizadora do FLIV 2020: “Queremos chegar á xente á carta”

Anna R. Figueiredo. Foto: Iván Barreiro

Anna R. Figueiredo é unha das artífices do FLIV 2020, o Festival Virtual do Libro de Galicia que xurdiu no confinamento polo Covid-19 como espello doutras iniciativas culturais semellantes no Reino Unido. Os organizadores queren amosar as capacidades da escrita en galego.

Para elo do 26 ao 28 de xuño propoñen un gran espazo virtual con varias salas nas que haberá tanto en directo como en diferido recitais, mesas redondas ou presentacións, con contidos para todo tipo de públicos. Anna destaca por exemplo a mesa redonda adicada a novela negra, moderada pola libreira Merecedes Corbillón, e na que participarán referentes do xénero como Arantxa Portabales, Domingo Villar e Diego Ameixeiras.

Este gran encontro virtual, con vocación de continuidade, quere ter o seu reflexo no mundo offline xa que, como di Anna, se pretende que o público vaia logo as librarías na procura dos seus libros favoritos.

Descubre máis segredos sobre esta cita, no seguinte vídeo: