Andrés Suárez tocará en Santiago no marco da segunda edición de Momentos Alhambra Acustiquísimos

Unha experiencia musical intimista, única e exquisita con figuras imprescindibles da escena española. Esta é a proposta que lanza a segunda edición de Momentos Alhambra Acustiquísimos, a serie de encontros musicais en acústico que percorrerá Galicia por segundo ano consecutivo durante o mes de novembro e que traerá a Compostela ao cantautor Andrés Suárez.

Momentos Alhambra Acustiquísimos propón un encontro musical próximo e íntimo, unha experiencia hipnótica e próxima para o asistente, na que se desdebuxan as barreiras entre público e artista: noites nas que se poden experimentar espectáculos sorprendentes en espazos que, habitualmente, non se destinan ao goce da música en vivo. Nesta ocasión, as cidades de Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña e Ourense acollerán este catro sesións musicais irrepetibles as noites dos venres 8, 15, 22 e 29 de novembro. Nelas, bandas e solistas presentarán, en acústico, as súas creacións máis recentes en encontros que non deixarán a ninguén indiferente.

Por segundo ano consecutivo, o cartel do evento destaca pola calidade da proposta musical dos seus artistas, entre as que se atopan bandas consagradas da escena indie pop, como Second, ou algunhas das voces máis suxestivas, inquietas e creativas do diverso panorama actual, como son as de Carmen Boza, Andrés Suárez e Rayden. «Tras o éxito da pasada edición, co sold out logrado no catro cidades onde se celebra, este ano apostamos por enriquecer un pouco máis a proposta, coa firme aposta pola calidade e o interese das figuras programadas, e sumando, ademais, a ilustración á fórmula», afirmou Alberto Alfonso, director de Art Music, promotora responsable da proposta. «Son concertos con moita alma, moi acolledores, para gozar mellor da experiencia», conclúe.

Como novidade nesta edición, ademais, música e ilustración confluirán nun espectáculo único coa participación da artista Helena González, Heleacla. A moza creadora e deseñadora gráfica, ilustrará en directo, desde un punto de vista innovador e experimental, cada un dos concertos.

Hugo Pérez, Brand Manager de Mahou San Miguel en Galicia, destacou o seu compromiso coa música en directo: «Momentos Alhambra Acustiquísimos encaixa á perfección coa filosofía ‘parar máis e sentir máis’ de Cervexas Alhambra. Por iso, este ano volvemos colaborar coa iniciativa, demostrando nosa a paixón pola música, vista sempre desde un prisma íntimo, diferente e especial, como unha arte que non segue convencionalismos».

CATRO ENCONTROS MUSICAIS IMPRESCINDIBLES

A primeira cita con Momentos Alhambra Acustiquísimos chegará o venres 8 de novembro da man dunha das voces máis persoais da canción de autor, Andrés Suárez, que regresa a Galicia tras o seu último sold out deste verán no Grove. O artista presentará ‘Desde una ventana’ no Patio de Cristal do San Francisco Hotel Monumento de Santiago de Compostela ás 21.00h. A semana seguinte, Acustiquísimos ofrecerá ao público a posibilidade de reencontrarse cunha das bandas fundamentais do indie pop español: Second, que regresa aos escenarios para presentar ‘Anillos y raíces’, o seu novo e esperado álbum de estudo, que bebe das emocións máis profundas, tal e como se poderá saborear o venres 15 de novembro no hall do Teatro Afundación de Vigo, ás 21.30h.

O terceiro encontro musical terá lugar na Coruña o 22 de novembro no Loft do Palexco, ás 21.30h. O poeta e cantante de rap Rayden dará a coñecer ‘Sinónimo’, o segundo disco da súa triloxía na que a palabra é protagonista, e no que colaboraron artistas como Iván Ferreiro ou Pablo López, entre outros. Finalmente, Carmen Boza poralle o broche de ouro a esta segunda edición de Momentos Alhambra Acustiquísimos o venres 29 de novembro, ás 21.30h, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. A cantautora, unha das voces máis destacadas da música patria dos últimos anos, presentará ‘La caja negra’, un álbum colmado de talento.

As entradas para o catro experiencias de Momentos Alhambra Acustiquísimos poranse á venda o xoves, 12 de setembro, a partir das 10.00 horas, a través da plataforma online Ataquilla.com.