fbpx
EntrevistasGalicia

Adelo Freire, de Berberecho de Noia: “Só extraemos produto cando está no seu mellor momento”

Adelo Freire é o secretario da Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, unha confraría que conta co selo de Galicia Calidade coa súa marca Berberecho de Noia. "Hai anos que apostamos por garantir a trazabilidade dos nosos produtos. Só extraemos cando o berberecho está no mellor momento", explica. E ese é agora. A partir do vindeiro luns, 14 de setembro, comezará un traballo tradicional que é todo un espectáculo: máis de 1.500 persoas no mar sacando unhas 50 toneladas deste molusco ao día! O ano pasado capturaron en total 2,5 millóns, o que supón o 70% da produción de toda España.

No mes de outubro (na semana seguinte á Festa do Pilar) celebrarán por quinto ano consecutivo as súas Xornadas de Exaltación do Berberecho. Serán catro días, de xoves a domingo, cheos de actividades. Se noutras edicións foron chefs como os irmáns Torres, Alberto Chicote ou Roncero os que participaron nestas Xornadas, desta vez o protagonismo será para as mulleres, coa invitación a grandes cociñeiras galegas e de fóra de Galicia.

A continuación, podedes ver ás súas respostas ás nosas 'Preguntas con Calidade'.