fbpx
GaliciaNovasTurismo

A cadea Oca Hotels agasalla 40 euros por cada 100 de consumo

Hotel Oca Puerta del Camino, en Santiago.

Despois de varios meses de estado de alarma pola pandemia do Covid-19, pouco a pouco imos avanzando na desescalada e pensando xa nas vacacións deste verán. Por iso son moi benvidas iniciativas como as da cadea Oca Hotels que ten en marcha unha campaña de venda anticipada moi atractiva.

O Oca Travel Check é un bono cun desconto directo do 40%, é dicir, agasallan 40 euros por cada 100 de consumo. Os cheques pódense adquirir aquí e son acumulables con outras ofertas.

Podes utilizalo en calquera dos hoteis e/ou apartamentos OCA e/ou Duerming en España. Poderás consumilo en forma de aloxamento ou en servizos de restauración, spa, balnearios, tratamentos, etc. Terás prioridade en reserva. Podes gastalo ti ou regalalo. Admitirase calquera día da semana, en calquera época do ano dentro do período de validez que remata o 30 de xuño de 2021.

Iso si, tes que darte présa porque é unha promoción exclusiva con adquisión limitada. O prazo para facerte cun Oca Travel Check remata o próximo domingo 31 de maio.