A alma dos bares: As camareiras e camareiros de Compostela

Laura, Fer e Isma, tres dos camareiros e camareiras cos que contamos na cidade. Foto: Iván Barreiro

Laura, Fer e Isma, tres dos camareiros e camareiras cos que contamos na cidade. Foto: Iván Barreiro

Sen elas nin eles non habería con quen falar, pénsao! Quen non foi de bares para que lle alegraran o día cun café, un sorriso, un bo xantar, unha copiña a deshora?! Quen? Se ata esquecemos que están traballando! Que non son psicólogos! (Ben lles poderían “homologar” algunha materia ou práctica… Chisco, chisco!). Os camareiros e camareiras, eses seres que corren coas bandexas cheas, áxiles coma gacelas, con memoria de elefante, os que todo o saben e nada contan ou máis ben calan (Diolopaje!). Os que che serven nas celebracións especiais ou mesmo nos teus peores momentos... A ialmados bares!!

Fer (Fernando Beiroa) empezou por casualidade en hostalería en Santiago, aínda que a súa familia en Arxentina xa se dedicaba a este mundo. Di que este traballo engancha, se pensa nunha vida sen isto... “Non sei, sobraríame tempo!” Risas.

Explícame que o mellor de traballar no Pazo de Altamira é a relación coa xente: “O cliente é a túa familia, coñécelo ata o detalle... ese trato tan de preto. Aquí veñen persoas de todo tipo, ás que veñen polo viño, pola cociña, os da Praza de Abastos, xente doutros bares, temos un recuncho de xerez moi interesante que chama a atención. Eu no Pazo de Altamira aprendo todos os días como levar a alguén dende a barra ata a sala. Este traballo é moi versátil. Aprendes a facer maridaxes, cousas da cociña... Sempre hai algo novo, algunha nova moda que estudar... Na barra é onde a xente sóltase máis! E nós escoitamos, é o noso cometido, aínda que ás veces é difícil non meterse en leas! (Rimos bastante. Dubido moito que Fer se meta en ningunha!). Teño clientes que vexo máis que a miña familia! Estableces relacións fóra do traballo. Ademais hai unha gran familia de camareiros en Santiago. Temos moi boa relación. Ata temos un grupo de Whatsapp! Non están todos, pero cada vez somos máis, avisámonos de onde buscan xente, quedamos”...

Sobre os seus compañeiros de traballo, tamén fala ben: “Somos xente simpática, traballadora, ben guiados. Hai un mando claro e así todo funciona mellor. Quedamos nos nosos días libres, a nosa boa relación favorece logo a convivencia no traballo, compartir momentos, poder dicir o que está mal con confianza. Con cada persoa que traballas aprendes!”

Laura (Laura Martínez) é da Costa da Morte dos pés ao pelo da cabesa! Moito me ghustaesta rapaza. Di que ten puntos débiles, quen o diría! Empezou “nacendo xa” no ámbito da hostalería!

Para ela esta profesión é vocacional! “É un traballo moi duro, vivimos as celebracións do resto. Un domingo apetéceche comer coa túa avoa e tes que traballar... O peor é iso: perder momentos familiares, cousas importantes... Son moitas horas! O mellor: A xente!! Os clientes, os compañeiros que son como irmáns. Historias de persoas que pasan pola túa vida dúas horas e che transmiten tanto!”.

Di que en La Bodeguilla de Santa Marta a clave para combater o estrés: “É facer piña! É o que nos inculca Jose (o xefe). Tantas horas é estresante... Pero saímos xuntos despois, por masoquismo parece! (Gargalladas). Temos tanta confianza... Con mirarnos, sabemos o que quere o outro! Ademais, os clientes de La Bodeguilla son incribles! Moi educados, con moito saber estar. Os de diario, os que veñen ao hospital, o persoal de alí, os do barrio, que segue medrando... O ambiente é super bo! Eu creo que atención é sempre un detalle que che fai volver a un bar, sentirte cómodo. Nós tamén consumimos hostalería, gústanos o bo viño, aquí temos boas referencias! Levámonos con camareiros que tamén veñen aquí e desestresámonos noutros bares! É un mundiño!! (Rimos). Comentamos cando alguén necesita extras, imos de copas. Facemos vida”.

Ser muller marca algunha diferencia? Nin o pensa: “Si, porque, moitas veces, hai alcol de por medio, e esquécense que estamos traballando... Pénsase que a camareira ten a obriga de aguantar calquera comentario irrespectuoso e non! Aínda se ve moito micro machismo instaurado. Eu penso que debes contestar de forma profesional, sendo intelixente, para que o cliente que se pasou vexa que non pode ir por aí”.

Fotografías: Iván Barreiro

De noite

E se nos trasladamos ao mundo dos pubs? Adriana (Adriana González) comezou traballando nas noites melidenses, pero cando chegou ao Sónar mudou a forma de traballar. “Aínda que non o creamos o traballo de noite é moi esixente, hai orde e ten que haber carácter, seguridade e moito respecto. Nos bares apréndese disciplina!”.

A peor parte: “Cando ti vas traballar, está todo mundo de festa! Pero coñeces a xente xenial, fas boas amizades cos camareiros e con persoas que veñen ao local. O problema é que algún bebe de máis e pensa que ti estás aí pasando o tempo... Non adoita pasar nada, porque se controla moito que non haxa altercados... E logo ao ser muller pois... Algún que che agarda fóra do local ou séguete ao saír, os que che insultan ou faltan ao respecto... E hai que pararlle os pés! Pero o machismo non é só un problema da noite, é da sociedade”... (Bufamos as dúas!)

Volvendo á mellor parte (Adriana é educadora social e cando leades isto xa non estará no Sónar, pero di que non o vai deixar nunca de todo e que fará extras, etc.): “Eu aquí aprendín a escoitar música, coñecín a unha das miñas mellores amigas. Aquí hai unha disciplina coa que nunca traballara. É unha empresa moi profesional e estrita. A limpeza... O cubo de xeo sempre cheo, quitar as carabuñas do limón... (Rimos, pero ninguén quere afogar con unha!) Se non fas equipo ou non fas familia pois non funciona igual, tanto para nós como para os clientes. Logo sempre vas a outros garitoscando libras e si que hai boa relación coa xente doutros bares e cos camareiros e camareiras. E o que ves detrás da barra... Ves de todo!! (Gargalladas). Fas migas, á xente iso é o que lle gusta dos bares, por iso repiten!”

Vou baixando as escaleiras do Dezaseis. Tócame falar con Isma (Ismael Ferreiro). Leva toda a vida di, porque procede de familia de hostaleiros, e teno claro: “Ti dáslle de comer ao cliente e o cliente dáche de comer a ti!”. E punto. Rimos.

“Moita xente pensa que ser camareiro é carrexar pratos cara a mesa, pero non é así. O máis bonito é saber que quere o cliente, que lle podes axudar en todo momento a que estea a gusto, coñecer como prefire a carne ou o peixe! Podes saber se quere comer san, se se vai permitir un capricho... Saber exactamente o quere cada un”, explica.

El tamén afirma que o peor de hostalería é traballar tantas horas e cando o resto descansa, “pero se che gusta e se lle colles o vermiño, xa enganchas! O mellor é o contacto coa xente, cos compañeiros, cando tes un bo equipo e boa relación... E ademais se che gusta a cociña, como van os pratos, aprender cousas novas... Esta profesión é moi boa, porque nunca deixas de aprender! Ao Dezaseis ven moito estranxeiro, os que fan o Camiño, xente autóctona de Santiago, que leva toda a vida vindo. A min gústame practicar idiomas, sempre ves detalles de diferentes culturas, pero o cliente local, unha vez que hai confianza, é o que máis me gusta!”

A boa relación entre os camareiros picheleiros queda patente de novo. “Na zona vella, na tempada baixa, xuntámonos e facemos algunha comida ou cea. Somos moitos e temos boa relación, sempre paramos noutros locais, é unha das cousas máis bonitas da hostalería de Santiago. Domingo e luns son días dos profesionais como dimos nós!” (Risas).

Quixen meter o dedo na chaga, pero non se queixaron moito de nós! Si, de nós, os que imos de bares! Falaron con moito amor do seu oficio, inchando o peito. Porque saben que compren un papel moi importante no preciadírmotempo de ocio dos composteláns e dos que veñen ás festas! E se cavilades, é unha grandísima responsabilidade.

Gracias meus queridiños! Ata os bares.