fbpx

Xoias artesanais con carácter atlántico

Realizados en prata de lei 925, os pendentes Gorgonia teñen a particularidade de contar cun acabado galvanizado vermello paixón e cun pulido-espello a man, na parte superior.

A colección Gorgonia é moi representativa da esencia atlántica de Ardentia e da súa forma de traballar. A experiencia adquirida ao longo dos 32 anos de vida do seu Obradoiro é a que lles permite ofrecer xoias diferenciadas, únicas e cunha garantía e calidade amparadas por Galicia Calidade.

Ardentia realiza tamén, por encargo, todo tipo de xoiaría personalizada e única.

Onde atopalo?

Coruña: Estreita de San Andrés, 17

Vigo: Policarpo Sanz, 22