fbpx
Guía de Nadal

Un universo lúdico e didáctico

Guía Especial Nadal Pincha 2021. VAGONETA EDUCATIVA
Guía Especial Nadal Pincha 2021. VAGONETA EDUCATIVA
Guía Especial Nadal Pincha 2021. VAGONETA EDUCATIVA

Vagoneta Educativa é unha pequena empresa, situada no Concello de Teo, concretamente en Cacheiras, que comezou a súa andaina o 29 de xuño do 2015.

Unha aventura empresarial motivada por causas persoais e laborais, pero sobre todo polo cariño a esta profesión e aos coñecementos adquiridos durante 21 anos traballando por conta allea nunha empresa do sector.

A Vagoneta Educativa non é simplemente unha libraría, unha papelaría ou unha tenda de xoguetes. A Vagoneta Educativa vén sendo UN UNIVERSO LÚDICO E DIDÁCTICO.

A Vagoneta Educativa está enfocada ao público en xeral de diferentes idades e tamén aos profesionais da educación, coma escolas infantís, centros educativos, gabinetes de pedagoxía, educación especial…

Dispoñemos de material lúdico didáctico moi polivalente, aprendizaxe a través do xogo. Xogos para nen@s, para non tan nen@s e para adult@s, para xogar en familia ou de forma individual e, incluso, para recuperar destrezas que coa idade se poden ir perdendo.

UN UNIVERSO LÚDICO E DIDÁCTICO que ofrece dende xogos de lóxica, ciencias, estimulación temperá, de mesa, cooperativos, exterior e interior, música, construcións, encaixes e puzles, motricidade grosa e fina, observación e atención, linguaxe, matemáticas, manualidades… Ademais tamén libros infantís, xuvenís e de adult@s (tanto en castelán como en galego), cadernos de reforzo, libros de texto, papelaría e moi diverso material de actividades escolares.

Dispoñemos dunha páxina web, www.vagonetaeducativa.com, que estreamos hai pouco e na que aínda non está todo o que temos na tenda.

No mes de decembro, temos un horario diferente, xa que a partir da ponte, abrimos os domingos de cara as compras do Nadal. O horario sempre está actualizado na nosa páxina de Facebook.

Onde atopalo?

Travesía de cacheiras 12 local 8 | Cacheiras-TEO | A Coruña